Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

KONRAD OU O NENO QUE SAÍU DUN BOTE DE CONSERVA

€16,00
ISBN 9788416884667

A señora Bartolotti ten sona de excéntrica: confecciona alfombras artesás, vai vestida e maquillada de mil cores, cítase co boticario Egon dúas veces por semana e é adicta a comprar por correo. Un día recibe por mensaxaría un enorme bote de conserva… e del sáelle un fillo repentino, Konrad, o neno de sete anos máis modélico, formaliño e ben guiado do mundo. Son o día e noite, pero Konrad e a señora Bartolotti quérense desde o principio. Por iso toman medidas extraordinarias para seguir xuntos cando uns estraños homes vestidos de celeste ameazan con separalos…

Christine Nöstlinger naceu en Viena en 1936. Graduada en Belas Artes, en 1970 publicou o seu primeiro libro para nenos, ilustrado por ela mesma, inaugurando así unha extraordinaria carreira no eido da literatura infantil. Traducida a decenas de linguas e galardoada con todos os premios do xénero –singularmente o Hans Christian Andersen, considerado o Nobel da literatura infantil–, revolucionou o panorama rompendo tabús lingüísticos e temáticos para dialogar co mundo da mocidade desde unha perspectiva progresista. Os seus numerosísimos títulos forman parte da educación sentimental de toda unha xeración de europeos que hoxe, nun mundo ben diferente, llelos dan a ler ós fillos. Nöstlinger finou en Viena en 2018.

____

Traducido ao galego por Eva Almazán

Editorial: Sushi books; 03-2023

Idioma: Galego