Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

IMAXINANDO UN MUNDO NOVO (PARA TI)

€15,90
ISBN 9788418687082

 

IMAXINEI PARA TI

UN MUNDO NOVO,

NO QUE POIDAS MEDRAR

SENDO FELIZ…

ENCANTARACHE porque, aínda que non vivimos nun mundo perfecto, a vida sempre nos ofrece, a través do AMOR, a oportunidade de ser mellores persoas e de crear un mundo máis xusto e habitable para todas e todos. Ser conscientes de que existen desigualdades, inxustizas, da importancia de coidar o medio ambiente; lembrar que todas e todos temos os mesmos dereitos; de que podemos soñar e que se fagan realidade os nosos soños; de que podemos voar e amar tamén, como os pétalos de dente de león que acariñan, coa brisa dun desexo, cada páxina deste libro.

RECOMENDAMOSCHE O LIBRO PORQUE,

IMAXINANDO UN MUNDO NOVO é un conto co AMOR como tema principal: O amor polo próximo, co respecto polos demais e o que cada un pensa; O amor pola xustiza, porque TODAS as persoas deberían ter dereito a unha vida digna; O amor pola natureza; O amor romántico, pola nosa parella; O amor cara á nosa familia, os nosos recordos; E, por suposto, o amor cara aos nosos fillos e fillas, e o legado que quereriamos deixarlles. un mundo mellor, UN MUNDO NOVO.

TÓPICS

#valores #amor #temas sociais #relación pais/nais cos fillos #inxustiza

____

Editorial: Trinqueta Verde

Idioma: Galego / Castellano