Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

CONTOS DE SEU

€10,00
ISBN 9788494965951


"Contos de Seu" é unha homenaxe. A un autor, Ánxel Fole, e, sobre todo, a unha visión do mundo, que é o que unha cultura ten e a fai ser o que é: a súa mirada.

Unha mirada que esculca, amable na dureza, de verdades suxeridas, e de estoica aceptación das cruezas da existencia. Esa mirada desta cultura, a galega, é a que tan maxistralmente plasmou Fole na súa obra, nos seus contos. Personaxes narrados e vivencias descritas, riqueza nas palabras e nos recantos dos pensamentos, retrato fotográfico de lugares e momentos, de relacións vitais, dun universo que foi.

"Contos de seu" non é un libro sobre Ánxel Fole, nin unha versión en banda deseñada dos seus contos. Trátase, pola contra, dunha obra resultante do pouso que queda tras a súa lectura. Son historias que beben do seu ambiente, do seu cheiro, da súa retranca e do seu misterio.

____

Editorial: AS.PG 2022
Idioma: Galego