Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

A FLOR PERDIDA DO XAMÁN DE K

€25,00
ISBN 9788416884742

Perú, 1986. Cando Laila ingresa na clínica neurolóxica de Lima non pasa desapercibida: a filla dun diplomático finlandés e o seu cabelo moi louro intrigan os xoves pacientes do Departamento de Pediatría. Especialmente a El Rato, o rapaz coa lingua máis longa que Laila coñeceu. Os dous atopan accidentalmente un estraño diario, escrito en 1941 por un tal doutor Clarke, e quedan fascinados polo debuxo dunha flor rara utilizada polos xamáns da tribo de K., que segundo as notas de Clarke ten un gran poder curativo. Xusto nese momento chega o diagnóstico para Laila: os médicos por fin conseguiron darlle un nome á súa enfermidade, un nome que non deixa esperanzas. Ou talvez si. Aínda hai unha cousa que os dous amigos poden facer xuntos: encontrar a Flor Perdida que quizais poida curar a Laila. E cambiar o destino de ambos. Comeza así unha longa e inesperada viaxe que os levará dende os Andes ata a selva amazónica, desafiando terroristas, narcotraficantes e unha natureza maxestosa e terrible.

Outros libros na web: 

A cegadora luz de dúas estrelas vermellas.

O Famoso Catálogo Walker & Dawn

Davide Morosinotto
Nado en 1980 nunha pequena localidade próxima a Padua, vive en Boloña.

Ademais de xornalista e tradutor de videoxogos, é escritor de fantasía e libros infantís e xuvenís.

No ano 2007 gañou o Mondadori Junior Award e publicou o seu primeiro libro. Dende aquela leva escritos trinta títulos.

Co O Famoso Catálogo Walker & Dawn gañou o Premio Andersen 2017.

 

____

Traducido ao galego por Moisés Barcia 

Editorial: Sushi book  010-2023

Idioma: Galego