Ir a contenido
Gastos de envío para Galicia y España 4.45 €!
Gastos de envío 4.45€!

NOITE DE GOLPES

€16,00
ISBN 9788413433745

No escuro, escurísimo soto dunha escura, escurísima casa,
un esqueleto pequeno está a ler un cómic.
Nunha escura, escurísima rúa dunha escura, escurísima cidade,
un esqueleto grande está a pasear o can.

Así comeza “Noite de golpes”, outra nova e trepidante aventura, chea de humor e tropezos, protagonizada polos esqueletos máis divertidos creados por Allan e Jane Ahlberg. Nela, o esqueleto grande e o esqueleto pequeno non poden parar de chocar unha vez e outra. Por sorte, o Dr. Ósos está atento para resolver cada situación, aínda que a súa paciencia ten un límite… Un álbum ideal para ler pola noite cunha portada cuxos personaxes brillan na escuridade.

____

Editorial: Kalandraka  10-2025
Idioma: Galego
Páxinas: 32
INFANTIL