É o primeiro día de Daisy na escola de vacas, e os becerriños pásano pipa, pero Daisy non se acaba de afacer. Os seus cascos pintan diferente, a súa bosta non é igual e o mesmo pasa cas clases de remoer, e de espantar moscas co rabo. As outras vacas e touros pregúntanse se Daisy é unha vaquiña normal, ata que as pitas deciden tomar cartas no asunto!
Esta historia para escachar ca risa celebra a diferenza e aceptación. Está contada con moito sentido do humor por Rusell Ayto e cas marabillosas ilustracións de Andy Cutbill. Esta é a segunda parte do incrible libro A vaca que puxo un ovo.
____
Editorial: patasdepeixeIdioma: Galego