Na aldea de Nunavut chegou o verán. O número de horas de luz e de claridade foi aumentando e os días ledos foron chegando. Todas as familias estan reunidas na qalgie, a cabana das cerimonias. Esa noite, o xamán Ainuk vai realizar a súa viaxe. O que Ainuk ve é a rota que seguen os caribús ao subiren á costa na busca de pasteiros, e desa rota depende a vida de toda a aldea.
O libro está protagonizado por Nunavut, unha nena do pobo dos esquimós á que xa coñecemos a través doutros volumes desta serie, como O nacemento de Nunavut e Un día de caza. Nunavut é unha nena esperta que observa o mundo cos ollos cheos de interese e sen aceptar prexuízos, a pesar de que o seu pobo sobrevive en durísimas condicións e no contexto dunha cultura na que o real e o supranatural están totalmente vencellados. Acaba de chegar o verán e con el a luz. A tribo trasladarase buscando a caza, pero antes, na cabana das cerimonias, o xamán realizará a súa viaxe iniciática para adiviñar a rota que seguen os caribús. O pobo seguirá ao xamán ata o val dos Tarauxolos e alí é onde Nunavut coñece a un caribú que busca a morte porque o seu amor non é correspondido, pero a nena convencerao para que continúe con esa busca do amor.
Idioma: Gallego

____
Editorial: XeraisIdioma: Gallego