Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

ESPERANDO O AMENCER

€16,00
ISBN 9788413431772

O sol, a lúa e a chuvia levan semanas sen deixarse ver
pola selva e todo está envolto nunha longa noite.
Os animais do bosque amazónico —diúrnos e nocturnos, que
corren, voan ou nadan, que roxen ou grallan—, preocupados
porque xa non recoñecen o seu fogar, emprenden unha viaxe
para descubrir por que non amence.
O texto poético e o emotivo tratamento da cor en
“Esperando o amencer” son as ferramentas das que
se serve Fabiola Anchorena para desenvolver esta necesaria
chamada de atención ante a explotación e destrución que
a Amazonia sofre desde hai décadas. Un álbum que tamén
nos invita a reflexionar sobre os incendios forestais,
un fenómeno que se acelerou nos últimos anos
polos efectos do cambio climático e que desgraciadamente
se converte en noticia cada verán.

____

Editorial: Kalandraka 10-2022
Idioma: Galego / Castellano