Premio Compostela
«Dende 1880» é unha narración gráfica, unha historia sen palabras que amosa o paso do tempo nos últimos 140 anos. Ambientada nunha cidade occidental, o edificio dunha céntrica rúa é o escenario invariable onde se observa o tránsito dos anos a través do atuendo dos seus habitantes, os modelos de familia, os medios de transporte, os produtos expostos nos escaparates, os oficios dos transeúntes ou os avances tecnolóxicos.
Así, o vestiario evoluciona dende o polisón e o esmoquin da época vitoriana ata a moda actual, pasando polo estilo dos ‘alegres anos 20’ e o movemento hippie dos 60. Os carruaxes, os primeiros vehículos a motor, a silueta característica dos coches de recoñecidas marcas e as motocicletas tamén contribúen a situarse cronolóxicamente. Do mesmo modo, reflíctense fitos históricos: as Guerras Mundiais, a pandemia de 1918, a chegada á lúa… No marco desta transformación social tampouco faltan pistas sobre a arte, a implantación dos electrodomésticos e a presenza dos ordenadores e doutros aparellos electrónicos. Todos estes cambios prodúcense ante a atenta mirada de Cronos, o deus do tempo, coroando un portal, e cunha libraría como testemuña privilexiada desa sucesión de acontecementos, mais susceptible de sucumbir aos adiantos e á dinámica
do mercado.
Elaboradas con técnica acrílica sobre madeira, as ilustracións de Pietro Gottuso destacan polo detallismo e o rigor histórico, resultado dun minucioso proceso de documentación.
____
Editorial: Kalandraka
Idioma: Gallego