Amodovou é unha tartaruga. Cada tartaruga, como cada persoa, ten o seu propio ritmo. Cando aprendeu a camiñar, Amodovou soubo que quería percorrer o mundo para sentir a súa música. E os paxaros, que de melodías entenden moito, foron acompañándoa na viaxe. Amodovou vai descubrir que ás veces é moi difícil ir sempre cara adiante, pero ela, valente e destemida, debuxará un sorriso na súa cara engurrada e escollerá o seu destino.
Unha pequena historia para ler devagar, sen présa.
____
Editorial: Oqueleo 07/2019Idioma: Galego