Algún día, quizais dentro de pouco, construirei un barco moi grande; que flote como os barcos e tamén voe como os avións, aínda que non sexa máis que un barco; que se desprace sobre a terra e baixo a auga, como se dun barco rodante se tratase, ou dunha nave submarina…
A viaxe sucede na memoria, no recordo, é o percorrido imaxinario no que nos embarcamos, arrolados por esa música que se oculta baixo as nosas camas. O protagonista deste álbum sucará mares, atravesará países en guerra, rescatará animais en situación de perigoà e regresará como un heroe. Como metáfora da vida, a viaxe lévanos a descubrir o mundo e a tomar partido en circunstancias difíciles, pero a natureza da viaxe mesma é o espazo da imaxinación.
____
Editorial: OQO
Idioma: Gallego