Encadrado dentro da colección destinada aos máis peques, Carantoña, o relato desenvólvese cunha sonoridad nos textos rimados que constrúen unha historia divertida e irónica que nos fará sorrir a todos e mesmo chegar á gargallada grazas aos xiros da historia e á desenfadada actitude do seu protagonista.
Texto en maiúscula para facilitar o acceso aos primeiros lectores, reforza ademais a súa atención lectora a través das aloucadas reaccións do protagonista e o coñecemento de variedade de personaxes, animais, climas e ambientes. Un libro sinxelo na súa lectura, profundo na súa mensaxe e útil para a aprendizaxe e formación dos máis peques.
_____
Editorial: Bululú
Idioma: Galego