Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

CANTO RUIDO!

€8,10
ISBN 9788498713954

O noso protagonista quere durmir, pero os ruídos cotiáns non lle deixan. Escoita o zzz-zzz-zzz! dos ronquidos da súa nai; o clin-clin-clin! da avoa batendo ovos; o sss-sss-sss! da vasoira coa que o seu pai varre a cociña; e o toc-toc-toc! do martelo que utiliza o avó para cravar un cravo na parede. A imposibilidade de durmir xéralle malestar. Este acrecéntase cando, finalizados os ruídos —e xa a piques de durmir— veñen buscalo para merendar.


Este breve relato incide na importancia de respectar as horas de sono dos máis pequenos, o que repercute no seu benestar e crecemento físico e emocional.
Conscientes diso, todos os membros da familia gardan silencio cando finalmente, sentado na cadeira a piques de merendar, o pequeno, rendido, queda durmido.
No entanto, a historia concédelle, sobre todo, un papel relevante ao sentido do oído para ir coñecendo cada día un pouco máis o mundo que nos rodea.

____

Editorial: OQO

Idioma: Gallego