Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

XEOGRAFIA REAL E MITICA DAS AUGAS DE GALICIA

€19,50
ISBN
O libro recolle polo miúdo a historia da construción da presa de Belesar; unha obra case faraónica e de consecuencias para toda Galicia.

O encoro de Belesar foi sen dúbida unha  obra de enxeñería e arquitectura singular, senlleira no só en Galicia, senón tamén en España e en Europa, e capaz de competir coas obras de enxeñería industrial máis importantes do mundo. Pero na construción da presa houbo tamén moitas sombras: as malas condicións dos traballadores, o emprego de presos políticos, as escasas cantidades pagadas polas terras e as casas ..., e todo no contexto da dictadura franquista. O libro fala tamén da beleza dunha paisaxe que xa non volveu a ser a de antes, da desaparición dun microclima característico e das "bágoas dos veciños ao mirar para un Miño que xa non era río". É un libro necesario para todos os galegos, pero especialmente para todos os que foron afectados polo encoro de Belesar, positiva ou negativamente.

Afonso Eiré

Afonso Eiré López, coñecido como Pucheiro, nacido en Laxe (Chantada) o 15 de febreiro de 1955, é un xornalista e escritor galego. Estudou no Seminario de Lugo. Aos 14 anos comezou a colaborar en El Progreso e aos 16 dirixiu a revista xuvenil O Cabeceiro. Estudou periodismo na Universidade de Madrid. Colaborou en diversos medios de carácter estatal. En 1977 comezou a traballar en A Nosa Terra e entre 1983 e 2007 foi o seu director. En 2007 ascendeu conselleiro delegado de A Nosa Terra. Entre as súas obras, salientamos, O fútbol nasociedade galega, 1998, A Nosa Terra; Chantadana historia, 2010; Infiltrados. Os servizossecretos, a UPG e outras historias donacionalismo, 2013, Biblos Clube; Amigossempre, 1998, A Nosa Terra, ou O penalti de Fuco, 2012, Baía.

____