Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

OS CONTOS DO LOBICÁN

€15,00
ISBN 9788445354544

Os contos do Lobicán, de Eva Mejuto, conforma o número 18 da colección Barriga Verde, que integra as obras gañadoras dos premios para teatro de monicreques convocados pola Axencia Galega das Industrias Culturais. Gañadora do XV premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques na modalidade infantil (edición 2022), e coeditada pola Agadic e Baía Edicións, Os contos do Lobicán é unha proposta estética adaptada con rigorosidade ao teatro de monicreques; unha historia en verso, áxil, divertida e atrevida que busca darlle a volta ao conto, que combina personaxes e universos temáticos propios dos contos clásicos con temáticas de actualidade, nomeadamente o respecto pola natureza e a convivencia pacífica e respectuosa entre os seres humanos e os animais.

____

Editorial: XUNTA DE GALICIA  05- 2022
Idioma:  Galego