Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

RECEITAS PEQUERRECHAS

€20,60
ISBN 9788491512608

50 receitas para que a cativada da casa se fagan chefs de primeira

Velaquí receitas saborosas para que as nenas e os nenos fedellen na cociña e experimenten cos alimentos. Propostas moi doadas de facer para pasar agradables momentos na cociña en familia. Quen sabe se, a partir do que aprendan aquí,terminan facéndose recoñecidos cociñeiroignos dunha estrela (ou dúas!) Michelin. Pero aínda que iso non pase, o que queda garantido son momentos moi doces, como as sobremesas que aquí se atopan, e moi alimenticios, co mollo de pratos que Rocío, a cociñeira máis divertida de Galicia,nos propón dentro deste gorentoso menú!

Rocio Garrido Caramés
É a responsable dun blog de cociña galega A cociña do meu avó, onde recolle dende o ano 2010 receitas tradicionais elaboradas cos ingredientes de sempre. Aínda que estudou Informática de Xestión e traballou nunha empresa de comercio exterior, leva dende o 2012 dedicándose á hostaleira. Gañou o premio Gourmand ao mellor libro de cociña sostible, no 2012, con Cociñando coas razas autóctonas.
Imparte cursos de cociña para todas as idades e actualmente ten unha aula, Cociñando no Salnés, na que aprende a estranxeiros a nosa cociña tradicional. Tamén colabora en diversos programas de radio de gastronomía, actualmente todos os venres en Radio Voz.
Organiza eventos gastronómicos para concellos, empresas privadas e tamén eventos e catas maridaxes en restaurantes e adegas. Participa en showcookings por toda Galicia en festas gastronómicas e tamén foi xurado profesional en diversos concursos de tapas.
Foi responsable de comunicación da campaña de turismo gastronómico mariñeiro «Come o Mar» no 2014 e 2015.

____

Editorial: Galaxia 11-2017
Idioma: Galego
Páxinas: 116
Col: Cociña 15