Cultura urbana e artes nas rúas.
Analizar a relevancia das manifestacións artísticas coñecidas como arte urbana e muralismo contemporáneo é o obxectivo deste volume colectivo titulado Pegadas no muro. Cultura urbana e arte nas rúas .
Unha análisedesde o ámbito académico, mais tamén desde o profesional e do artístico. Non hai precedentes en Galicia dunha publicación similar, que aborde dun xeito integral o fenómeno dos graffitis, da arte urbana e do muralismo público, nun contexto
que abarca desde o internacional ao local.
O proxecto naceu en Lugo en 2024, ao abeiro dun curso celebrado na Facultade de Humanidades.
Coordinado polas dúas investigadoras da USC que tamén coidan da presente edición, Patricia Cupeiro e Miriam E. Cortés. Colaboran neste volume catorce especialistas de diferentes disciplinas.
O carácter de potente motor de cambio social destes fenómenos culturais (como ferramenta de identidade e cohesión comunitaria), a visibilidade das mulleres ou a conquista de espazos rurais son algúns dos temas tratados. Tamén, a recente
institucionalización do fenómeno –que fai emerxer dúbidas sobre a súa autenticidade
cultural– ou as tensións entre legalidade e lexitimidade.
____
Editorial: Alvarellos 12-2025
Idioma: Galego
Páxinas: 240
ARTE URBÁN