Unha das señas de identidade de Galicia son os labregos. Pero desde hai ducias de anos o mundo rural sofre estoicamente a marusía da «modernización». A Ulfe. Socioloxía dunha comunidade rural galega é un libro de homenaxe a tódalas xentes que fixeron posible a rica civilización rural galega.
Unha das señas de identidade de Galicia son os labregos. Pero desde hai ducias de anos o mundo rural sofre estoicamente a marusía da «modernización». A Ulfe. Socioloxía dunha comunidade rural galega é un libro de homenaxe a tódalas xentes que fixeron posible a rica civilización rural galega. Veciños dunha «aldea perdida», mulleres e homes de distintas xeracións, fálannos aquí dos seus recordos e das súas vidas. A través destas voces e relatos non só se despregan as tramas que tecen a sociedade coma unha tea en continuo cambio, senón que se recupera tamén a memoria dunha historia social vertebrada pola moral do traballo e pola solidariedade, unha historia que, coas súas luces e sombras, pode servir hoxe de orientación para facer posible outro mundo máis humano.

____