Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

NIN ME AMOLES

€15,50
ISBN 9788445354476

Nin me amoles, de Ana Carreira, conforma o número 28 da colección Biblioteca Dramática Galega, que integra as obras gañadoras dos premios Álvaro Cunqueiro para textos teatrais e Manuel María de literatura dramática infantil convocados pola Axencia Galega das Industrias Culturais.Gañadora do Premio Manuel María de literatura dramática infantil 2022, a obra aborda temas determinantes na sociedade contemporánea en relación coa infancia. Lola é unha nena que sofre os abusos do seu compañeiro Mamalón; que aguanta as impertinencias da súa veciña Meticona e resígnase á ausencia da súa nai, que, aínda presente, nunca pode xogar con ela. Pero un día, ao volver da escola, da súa mochila sae Nin, trasno ou trasna segundo lle pete, a quen só Lola pode ver. Entre xogos e reviravoltas, Nin apréndelle á nena outro xeito de enfrontarse aos problemas.

____

Editorial: XUNTA DE GALICIA  05- 2022
Idioma:  Galego