Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

MATE-GLIFOS ORIXE E EVOLUCIÓN DOS SÍMBOLOS EN MATEMÁTICAS

€17,50
ISBN 9788491214878
Cunha linguaxe accesible a todos os públicos, este libro percorre a historia das matemáticas a través dos seus símbolos, dende os glifos dos xeroglíficos exipcios ata a sofisticada notación actual.

Permitiranos coñecer historias e anécdotas relacionadas coas matemáticas e coas persoas que realizaron as diferentes propostas. Saberemos, por exemplo, a razón do uso da letra «x» para indicar o descoñecido, descubriremos cal é o mellor método para empaquetar esferas ou sorprenderémonos coa utilidade do número «e» para buscar a parella ideal. E tamén teremos a oportunidade de resolver crebacabezas, enigmas e pasatempos que, sen dúbida, espertarán a nosa curiosidade matemática.

____

Editorial: Xerais
Idioma: Gallego