Ir a contenido
Gastos de envío para Galicia y España 4.45 €!
Gastos de envío 4.45€!

MARÍA VÁZQUEZ, A MESTRA SOCIALISTA ELIMINADA POLO FRANQUISMO

€20,50
ISBN 9788418567841

María Vázquez Suárez, nada en Vilaescura (Sober) o 15 de agosto de 1894 e fusilada en Miño o 19 de agosto de 1936, foi unha mestra galega.
Foi acusada entre outras cousas de postular a escola laica e o amor libre, así como de enterrar á súa nai sen rito católico (cando Andrea morreu en 1934, realizáronlle un enterro civil). Ademais, foi tachada de “elemento peligrosísimo”.

" Aquel 19 de agosto de 1936 resoaron na noite os disparos que acabaron coa vida dunha mestra vocacional, dunha renovadora pedagóxica, dunha muller progresista, militante socialista, afervoada defensora dos dereitos femininos, cun compromiso social que a levou a se involucrar con frecuencia en accións humanitarias. Tiña 42 anos acabados de cumprir e unha vida por diante para seguir con entrega e paixón a súa tarefa cotiá na tripla vertente educativo-politico-social.(...) No período republicano, as mestras tiveron un papel capital, como os mestres. O que acontece é que as súas achegas, e até os seus nomes, ficaron con moita frecuencia invisibilizados>>.

Así inicia Aurora Marco este revelador ensaio, onde exhuma, para a nosa historia, a vida de loita e compromiso da mestra María Vázquez Suárez. Nacida en Compostela, con raíces en Sober, estudante de Maxisterio na súa querida Coruña, mestra inesquecible na Pobra do Caramiñal e mais en Miño. E enterrada en Pontedeume, tal e como vén de descubrir agora a autora desta investigación.

Un dos episodios máis cruentos da represión que se inicia co levantamento militar
de xullo de 1936 é a persecución contra o corpo de ensinantes. A súa elección como
obxectivo polas forzas sublevadas respondeu a unha estratexia deliberada e programada
de eliminación, a causa do seu compromiso co proceso de cambio e rexeneración democrática emprendido pola República en 1931. Non foi, polo tanto, un fenómeno derivado
da violencia indiscriminada e arbitraria, coa que se pretendeu explicar este particular ensañamento, obedeceu a consignas precisas que emanaron dos mandos militares, da Falanxe,
de grupos da dereita católica implicados no golpe e contou co beneplácito das autoridades eclesiásticas.
Tantos anos despois, estas páxinas son memoría reparadora, loita contra o esquecemento. A carón do relato incorpóranse ata cen imaxes e documentos, a maior parte deles inéditos, entre os que atoparemos o lamentable exepediente de depuración, aberto catro anos despois do asasinato da mestra.

    _____

    Editorial: Alvarellos 09-2025
    Idioma: Galego
    Páxinas: 267
    ENSAIO
    HISTORIA
    GUERRA CIVIL E REPRESIÓN