Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

MACHISMOS: DE MICRO NADA

Agotado
€15,00
ISBN WP4286
Trátase do resultado dun proxecto de denuncia e visibilización de violencia contra as mulleres e nenas que acontece no cotiá, sen que apenas a percibamos.

Dende vai tempo, as Fiadeiras viñamos reflexionando sobre a necesidade de levar adiante unha acción para denunciar o machismo que na vida cotiá continua afectándonos como mulleres. A idea que nos movía, era recoller experiencias en relación ás formas sutís en que se presenta o patriarcado. O grupo de traballo Fiadeiras, do Colexio de Educadoras e Educadores sociais de Galicia, nace da necesidade de xerar un espazo feminista para o encontro, reflexión e praxe profesional das educadoras e educadores sociais de Galiza; encamiñado a romper cos modelos sexistas, que seguen a frear, a día de hoxe, os avances cara unha sociedade democrática e xusta, e a favorecer a toma de conciencia sobre da imprescindible incorporación da perspectiva de xénero ao noso quefacer profesional. “ Machismos, de micro nada” inclúe textos e ilustracións de: Lucía Aldao, Pablo Andrade, Leo Arremecághona, Isaac Castro Neira, Luís Davila “O Bichero”, Eva de la Torre Conde, Mª dos Anxos García Fonte, Clara Gayo, Manuel González Prieto, Mai Insua, Tareixa Ledo Regal, Juanjo Lorenzo Castiñeiras, Andrea Nunes Brións, Sabela Núñez Singala, Ana María Pérez Rico, Patricia Porto Paderne, Sofía Riveiro Olveira, María Rosendo Priego, Xulia Santiso Rolán, Maite Sío Docampo, Gema Zunzunegui Lamas, Olalla López Barro, As Quetas, Asociación Nós mesmas, Sacha na Horta, etc. 1. Denunciar que as actitudes e os comportamentos dominantes, que os varóns seguen exercendo en relación ás mulleres, por máis que se manifesten de forma sutil ou case imperceptible, son formas de violencia que reproducen a desigualdade de valor e oportunidade en función do xénero. 2. Sensibilizar á cidadanía, sobre a importancia de debater sobre todo o que nos afecta ás mulleres, sen censuras, sen tabús, sendo libres de pensar e falar por nós mesmas 3. Concienciar ás educadoras e educadores sociais sobre o valor que supón integrar unha ollada feminista no noso labor para que este sexa efectivamente unha praxe a prol da igualdade e da liberdade das persoas coas e para as que traballamos. 4. Construír modelos de poder en feminino, onde as actitudes que proliferan e florecen se relacionen coa cooperación e a solidariedade; poñendo en valor as dinámicas do autocoidado nos grupos de acción sen necesidade de esgotarnos no intento. 5. Loitar polo empoderamento e sororidade das mulleres: desde as mulleres, coas mulleres e para as mulleres; construíndo espazos de encontro e redes onde as protagonistas do cambio sexan as voces femininas, as nosas voces dossier machismos, de micro nada Fotografía retrato Fernanda Pablo Andrade 6. Partindo de todos estes elementos, o traballo que aquí se presenta parte das experiencias que diversas mulleres tiveron a ben compartir con nós. Son todas as que están, pero non están todas as que son; pois nalgúns casos, houbo para quen o proceso de (re) encontro persoal con certos episodios vitais resultado excesivamente doloroso como para compartilo. Precisamente, esta imposibilidade de compartir o que nos pasa ou o que vivimos dá conta de que non son cuestións nimias ou baladís, de aí que rexeitemos a súa conceptualización como “micro”. O machismo é violencia, con tódolos graos que se lle queiran poñer, pero violencia ao fin e ao cabo. A través desta publicación evidénciase como cunha boa organización, as mulleres podemos chegar a facer grandes ou pequenas cousas (pero poder facer é o reto), considerándoo como un paso máis de unión, fortalecemento e dignidade das mulleres.  

____