Ir a contenido
Gastos de envío para Galicia y España 4.45 €!
Gastos de envío 4.45€!

LUMIEIRAS ESQUECIDAS DE OURENSE

€17,00
ISBN 9788416643653

Lumieiras esquecidas de Ourense é, ante todo, poñer en valor feitos, persoeiros e historias que non poden pasar sen ter un momento de atención. O título pretende expresar un paradoxo que, como case sempre pasa, non é ningunha contradición: a luz non a podemos agochar e, ante esa luz, moitas cousas públicas, non poder ficar no esquecemento.
Por outra parte, este libro non pretende facer xustiza ante inxustizas acontecidas en tempos pasados. Calquera escolma de artigos de opinión reflicte parte da realidade do seu momento, das persoas, das atividades ou dos feitos vividos nun ámbito local, que poden ser de maior ou menor transcendencia ou, en calquera caso, de crónica ilustrativa para as xeracións futuras. Pero era preciso mostrar a importancia do xornal, o que se xustifica co día a día das cidades, dos pobos e das realidades sociais. Ese labor xornalístico vese enriquecido coas colaboracións de persoas que forman parte dos círculos intelectuais e na sección de opinión, non só tenen sitio os politicólogos e os analistas internacionais, (deste modo podemos ler artigos de Risco, Otero Pedrayo, Cuevillas, Casares e un longuísimo etcétera), senón tamén persoas de diversos sectores, que son os que en realidade viven os problemas, acertos e dificultades de cada colectivo.


José Luis Fernández Carnicero
Nacido en Ourense en 1967. Estudou Maxisterio por Ciencias,especialista en Música. Licenciado en Ciencias Matemáticas especialidade de Estadística e Investigación Operativa na UNED.Postgrado de Experto Universitario en Modelización de Riscos en Entidades Financieiras.
Escribo en varios diarios de Galiza, nalgúns co pseudónimo de José Luis Fernández Carnicero.
Mestre de Educación Musical no barrio do Couto, en Ourense.
Membro da Sociedade cultural: O Liceo de Ourense.
Membro do Consello Escolar de Galiza e do Consello Escolar Municipal de Ourense.

___

 Editorial: Diputación de Ourense 10-2024
Idioma: Galego 
pÁXINAS: 154