Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

GRAMÁTICA HISTÓRICA GALEGA . I FONÉTICA E MORFOSINTAXE

€34,95
ISBN 9788484875086

O lector ten nas súas mans unha obra que cobre un espazo no panorama editorial galego que desde hai xa ben tempo debía estar ocupado . Pola importancia de que se dota a historia da evolución do noso principal sinal de identidade como galegos , polo rigor con que está elaborada esta viaxe lingüistica a través dos séculos , polo seu carácter case inaugural e mais pola ambiciosa intención globalizadora que rexe o traballo , este primeiro volume de Gramática Histórica Galega constituirá , a partir de hoxe , unha referencia imprescindíbel e unha ferramenta necesaria para calquera persoa que se quixera aproximar á fonética e á morfosintaxe da nosa lingua . Percorrendo este sistemático ensaio filolóxico , o lector poderá achegarse ás palabras da tribo desde as súas orixes latinas , acompañar os seus aconteceres , devalar con elas nunha mecáncia evolutiva apaixoante ou perderse nas varias direccións que foron conformando o galego e conformándonos a nós mesmos . Eis o grande engado : a viaxe a que Laiovento quere convidar os lectores .

Manuel Ferreiro, chairego de nacenza (Saavedra, Lugo, 1955), é actualmente Catedrático de Filoloxías Galega e Portuguesa na Universidade da Coruña (manuel.ferreiro@udc.gal).

A súa actividade investigadora vai da Lingüística Histórica Galega á Ecdótica e Crítica Textual, para alén de especialista en Eduardo Pondal e autor da edición crítica da súa obra poética galega, que viu a luz en catro volumes na Editorial Sotelo Blanco: Queixumes dos pinos (1995), Poemas Impresos (2001), Poemas Manuscritos (2002), Os Eoas (2005).

No catálogo de EDICIÓNS LAIOVENTO ten diversas obras, entre as que se deben citar Pondal: do dandysmo á loucura (Biografía e correspondencia) (1991), As cantigas de Rodrigu’ Eanes de Vasconcelos (1992), Gramática Histórica Galega (vol. I. Fonética e Morfosintaxe, 1999, 4a ed.; vol. II. Lexicoloxía, 2001, 2a ed.) e De Breogán aos Pinos. O texto do Himno Galego (2007, 4a ed.).

Dispoñemos tamén:

GRAMÁTICA HISTÓRICA GALEGA II. Lexicoloxía. (3ª Ed.)

_____

Editorial: Laiovento 2021
Idioma: Galego