Este libro testemuña a memoria dunhas mulleres e uns homes que construíron Galicia desde a emigración, unhas persoas que, así mesmo, forman parte da historia de Cuba e da súa capital, La Habana, polas diversas iniciativas e institucións sociosanitarias que promoveron, entre as que destacan o hospital Hijas de Galicia, no barrio habaneiro de Luyanó.
A obra ofrece un relato vivencial imprescindible: o das mulleres galegas que chegaron á illa nunhas condicións difíciles e que, grazas ao seu esforzo e á solidariedade recibida, e logo normalmente ofrecida por elas mesmas, trataron de saír adiante. Non é o relato do éxito do indiano que regresa con bens e aforros, senón o do traballo moitas veces sen recompensa. O envés dunha moeda que cómpre coñecer e valorar.
ÍNDICE
Limiar
Prólogo da primeira edición
Galegas en Cuba
Introdución
Metodoloxía
Capítulo 1
Chegando as Hijas de Galicia
1.1 Mulleres no Centro Gallego?
1.2 Titina, unha galega en bicicleta
1.3 De Vigo ou A Coruña: Embarque para as Hijas de Galicia
1.4 Algo para non esquecer: Solidaridad Pontevedresa
1.5 Aquí están as Hijas de Galicia
1.6 As voces feministas
Capítulo 2
Baixo o nome de Hijas de Galicia
2.1 Concepción Arenal: un símbolo para as mulleres galegas
2.2 Estatutos, xuntas e contradicións
2.3 Eleccións: dereitos e deberes
2.4 Outras voces de protesta
Capítulo 3
Outra vez Hijas de Galicia
3.1 Un Balneario para as Hijas de Galicia
3.2 Cándida, Cundita e outras imaxes ridículas das galegas
3.3 Fragancias, Faro Gallego, CENIT: a prensa de Hijas de Galicia
3.4 Juana rompeu a cabeza: Hijas de Galicia Revolucionaria
Bibliografia
____
Editorial: Edicións Fervenza 01-2020
Idioma: Galego
Páxinas: 117
ENSAIO
EMIGRACIÓN
MULLERES
CUBA