Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

Documentos medievais de Santa María de Baiona (1274-1531)

€10,00
ISBN 9788417802653

Os documentos que se publican neste libro estiveron ata 1976 arquivados na igrexa de Santa María de Baiona; hoxe gárdanse no Arquivo Diocesano de Tui, como moitos dos documentos e libros parroquiais desta diocese. Cando en 1998 se fixo esta transcrición, dos 68 documentos que compartían a referencia «Documentos de Baiona», seleccionáronse os que estaban escritos en lingua galega e mais unha copia castelá de dous foros relacionados dos anos 1531 e 1562; en total, 55 textos galegos, a maioría escritos en pergamiños. Transmítennos a historia da nosa lingua: desde o uso do <> e en 1274 ata a perda do galego notarial en 1522. Que se conservasen estes documentos tanto tempo nos distintos arquivos eclesiásticos débese ao seu marcado valor económico, pois son garantes da titularidade do patrimonio territorial e urbano das distintas igrexas. Nalgúns dos documentos constátanse as relacións de poder entre a igrexa de Santa María de Baiona, o mosteiro de Santa María de Oia e o Concello de Baiona; pero a maior parte tratan de foros, vendas e doazóns relacionadas coa fundación de aniversarias, fonte principal de ingresos para os clérigos desta igrexa principal do Val de Miñor.

____

Editorial: Consello da Cultura Galega 09-2024
Idioma: Galego