Abonda un ano de meditación perseverante, ou mesmo medio, para decatarse de que se pode vivir doutro xeito. A mediación agreta a estructura da nosa personalidade ata que, de tanto meditar, a físgoa ensancha e a vella personalidade creba e, coma unha flor, comeza a nacer unha nova. Meditar é asistir a este abraiante e tremendo proceso de morte e renacemento. Pouco máis dun cento de páxinas de inaudita intensidade que nos axudan a comprender a importancia desa humilde pero profunda virtude que é a atención. Un libro tan pequeño coma exquisito que recolle a obstinada procura dun mesmo. Tras recoñecer a Franz Jalics -o seu mestre- e en resposta aos milleiros de lectores que lle escribiron para comentar e agradecer a súa Biografía do silencio, Pablo d'Ors funda en 2014 a asociación Amigos do Deserto co propósito de favorecer e promover a práctica contemplativa
Pablo d'Ors (Madrid, 1963) é un mestre espiritual con miles de seguidores en todo o mundo. É tamén sacerdote, escritor e fundador da rede de meditadores Amigos do Deserto, así como de Tabor, un proxecto de monacato secular. É autor de máis dunha ducia de títulos, traducidos ás principais linguas europeas e editados todos por Galaxia Gutenberg, entre os que destacan; Biografía do silencio, un auténtico fito na historia do ensaio español, con máis de 350.000 copias vendidas;Biografía da luz, eloxiado polo papa Francisco como unha extraordinaria forma de achegar o evanxeo aos non crentes; O esquecemento de si, unha novela sobre a atribulada vida de Charles de Foucauld, patrón dos buscadores espirituais. Na actualidade, imparte conferencias e retiros por España e Latinoamérica.
____
Editorial: GALAXIA GUTENBERG 01-2025
Idioma: Castellano
Páginas: 230
MEDITACIÓN
NARRATIVA