Froito do coñecemento en primeira persoa da situación da emigración galega na Arxentina, Paz Míguez proxectou nesta obra unha serie de trazos e personaxes que, segundo el, representaban a realidade dos galegos e galegas que lonxe da terra sobrevivían, en xeral con duras condicións vitais e laborais.
O Consello da Cultura Galega, en colaboración coa Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia, presenta este facsímile no marco da colección Clásicos da Emigración, na que se recompilan obras de interese para o coñecemento e análise da emigración galega nas súas diversas épocas, destinos e facetas e que hoxe en día son difíciles de atopar en bibliotecas ou librarías. Este facsímile está acompañado dun proveitoso estudo introdutorio feito polo profesor e investigador Xavier Castro Rodríguez.
A novela Da emigración. Notas d'un galego foi publicada no ano 1936, pouco antes do golpe militar, e viu a luz baixo o prestixioso selo editorial de Nós pois foi dada ao prelo en Compostela no establecemento impresor de Ánxel Casal pouco antes do seu asasinato.
Idioma: Gallego
____
Editorial: Consello da Cultura GalegaIdioma: Gallego