Actas dos IV Encontros Cultura e Concellos, celebrados os días 18 e 19 de xuño de 2004 en Santiago de Compostela
Inicialmente, a acción cultural local tornou corpo seguindo liñas orientadas aos labores de educación popular. Máis tarde, a sociedade do ocio e do consumo provocou o achegamento de cultura, medios de comunicación en novas prácticas sociais. As políticas culturais democráticas esforzáronse por incardinar consumo e educación popular sen renunciar á procura dunha sociedade máis democrática que avanzase na superación das desigualdades fronte á cultura. Nos últimos tempos, o escenario de traballo dos técnicos de cultura está a transformarse; as novas xeracións constan cunha base educativa máis dilatada e, ademáis, o cambio social e tecnolóxico está a interpelarnos con novos recursos, oportunidades e ameazas que presentan renovados desafíos á procura dunha sociedade máis igualitaria.
____
Editorial: Consello da Cultura GalegaIdioma: Gallego