Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

CABANILLAS / OTERO PEDRAYO. NA NOITE ESTRELECIDA ARREDOR DSE SI

€24,95
ISBN 9788484875598
Todo o fulgor da época “Nós” fixo posíbel e resoa nas súas múltiplas facetas en Na noite estrelecida, as “sagas” artúricas de Ramón Cabanillas. Tras percorrermos o seu proceso de devoración textual do pasado para o proxectar con valor reflexivo sobre o presente, adquire aínda máis pleno sentido Arredor de si. Nel, Ramón Otero Pedrayo creou unha estratexia narrativa da máxima ousadía, en ton co seu proxecto político-cultural, e deu á luz unha obra-prima, onde o ideolóxico e o literario conseguen fundirse con rara perfección, ao facer do seu narrador a voz onde a nosa Historia se dá sentido e inaugura o retorno da Galiza á consciencia de si, porta para o desenvolvemento da súa liberdade.

Conclúe así Laiovento a publicación da viaxe de Manuel Castelao Mexuto pola literatura galega de Novecentos, que comezou co volume dedicado a Os eidos, de Novoneyra, e Longa noite de pedra, de Celso Emilio, e continuou cos que tiveron por obxecto De catro a catro, de Manoel-Antonio, e O incerto señor don Hamlet, de Cunqueiro. Todos eles compón a serie que designamos cun nome inequívoco: “Un modo de ler”, pois do que se trata, xustamente, é de reivindicar a literatura como experiencia onde se unen o gozo e a reflexión en feliz e incesante vaivén.

____

Editorial: Laiovento 2022
Idioma: Galego