Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

AULAS SEN PAREDES (LIBRO + DVD)

€35,00
ISBN 9788494273964
UNHA NOVA METODOLOXÍA PARA A APRENDIZAXE DE LINGUAS NO ENSINO SECUNDARIO O noso proxecto propón unha nova metodoloxía didáctica para a aprendizaxe de linguas mediante o uso da expresión dramática e teatral como ferramenta pedagóxica dentro das aulas regradas do Ensino Secundario Obrigatorio. O método foi deseñado no marco dunha Tese de doutoramento elaborada na USC e posta en práctica cun grupo de 1º da ESO do IES público Xelmírez I de Santiago de Compostela nas materias de lingua galega e castelá de xeito coordinado. Os resultados da investigación teórico-práctica demostraron a eficacia do método e probaron que a través da metodoloxía desenvolta: –O alumnado fora capaz de desenvolver unha competencia comunicativa eficaz que favoreceu melloras notables na valoración e uso da lingua galega ao tempo que mellorou as capacidades en castelán e favoreceu a aprendizaxe doutros idiomas. Por tanto, beneficia o plurilingüismo ao tempo que normaliza a lingua galega. – Mediante a expresión dramática e teatral o alumnado desenvolveu unha competencia comunicativa total.

UN LIBRO E UN DOCUMENTAL AUDIOVISUAL COMO GUÍAS PARA O PROFESORADO Para difundir a metodoloxía didáctica proposta para servir como guía para o profesorado de linguas elaboramos un libro e un documental audiovisual no que se mostra toda a experiencia docente desenvolta nas aulas e teorizada desde o ámbito académico: – O libro contén os postulados teóricos nos que nos baseamos, as instrucións da elaboración do programa didáctico e as actividades desenvoltas na aula, así como a análise dos resultados da investigación. – O documental foi gravado durante o desenvolvemento das aulas e nel compróbase a evolución e actuación do alumnado ao tempo que se lle outorga unha dimensión artística ao traballo realizado. Ademais, mostra entrevistas ao alumnado e ás profesoras do instituto que observaron a aplicación metodolóxica. – Finalmente, en canto a iso, cómpre indicar que as docentes de linguas do instituto resaltan continuamente a falta de iniciativas e metodoloxías innovadoras nas que se traballe a competencia comunicativa total, a oralidade e se faga un ensino plurilingüe e integrado que favoreza o uso do galego ao tempo que mellora a aprendizaxe do castelá e das linguas estranxeiras. Nese senso, consideramos que o noso proxecto pode actuar como modelo e guía para a formación do profesorado de linguas do ensino secundario nos institutos galegos na dirección anotada.

____

Editorial: Positivas
Idioma: Gallego