A ferida aberta componse dunha cincuentena de poemas curtos, que combinan o radical intimismo que adoita caracterizar a poesía do autor coas preocupacións sociais do noso tempo ou a reflexión sobre o feito poético en si, xunto con dous poemas de maior extensión: <>, que fala da perda da memoria e da identidade persoal, e mais <> en que se conta o día a día dunha traballadora do fogar.
O libro erstá construido cunha linguaxe aparentemente sinxela, coa cal Rafa Vilar pretende construir un universo poético íntimo e delicado, evocador e cheo de matices. Presenzas como o mar, a chuvia ou a propia ferida que dá título ao conxunto son elementos centrais na poética do libro, unha poética na que ecoan voces de poetas como a luxemburguesa Anise Koltz ( unha cita dela abre o libro ), a arxentina Alejandra Pizarnik, o asturiano Antonio Gamoneda ou o portugués Eugénio de Andrade.
Así, A ferida aberta é unha nova singradura na poesia de Rafa Vilar, unha poesía que o autor concibe como un acto de linguaxe, de comunicación e reflexión sobre as cousas da vida e as angueiras do noso tempo.

____
Editorial: Fervenza 12-2025
Idioma: Galego
Páxinas: 70
POESÍA