{"title":"HUGIN E MUNIN","description":"\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eHugin e Munin\u003c\/strong\u003e\u003cspan\u003e, editorial fundada en 2011 e especializada na narrativa traducida, ten por obxecto introducir no mercado galego unha serie de títulos de literatura estranxeira de prestixio. \u003cbr\u003eAs literaturas inglesa, francesa, alemá e italiana, as literaturas nórdicas e as literaturas minorizadas son en principio os nosos campos de batalla; con todo e iso, tamén pescamos puntualmente noutras linguas e sistemas literarios, como o ruso, o xaponés, o croata ou o grego.\u003cbr\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/p\u003e","products":[{"product_id":"o-amuleto","title":"O AMULETO","description":"Malia ser hoxe moi estimada, en 1873, ano da publicación desta primeira novela breve de Conrad Ferdinand Meyer, foron abondos os críticos que viron nela unha imitación dos vellos modelos narrativos da literatura francesa e mesmo chegaron a acusar o autor zuriqués de plaxiar a Mérimée.\n\nO marco espazo-temporal é a noite do 24 de agosto de 1572 en París, cando se perpetrou o soado masacre dos hugonotes, do cal o mozo protagonista, Hans Schadau, sairía con vida, pero non así o seu compatriota Wilhelm Boccard, un católico natural da cidade suíza de Friburgo. En paralelo á trama, na novela abrollan temas como o albedrío, a forza do destino ou a tolerancia relixiosa, que Conrad Ferdinad Meyer trata de xeito solemne, como o gran poeta lírico \u003cem\u003ein fieri\u003c\/em\u003e que entón era.\n\nHoubo que agardar até finais do século XX para que esta novela curta de simbólico título, \u003cem\u003eO amuleto\u003c\/em\u003e, fose considerada clave na forxa do estilo narrativo dun escritor de gran talento e proclive a abordar feitos históricos obxectivos cunha subxectividade sen ataduras. Neste sentido, a carga historicista segue as pautas estruturais fixadas en lingua inglesa por Walter Scott, mentres que os personaxes centrais aparecen perfilados sobre modelos reais: o autor e as súas amizades; Schadau, por exemplo, é un álter ego de Meyer.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eEste opúsculo traslada á ficción un caso criminal real acontecido en 1625. Á hora de reformulalo, o autor quixo dividilo en dúas partes diferenciadas: na primeira plasmou os fragmentos do diario de Erik Sørensen, o maxistrado encargado de xulgar a Søren Qvist, párroco acusado de asasinar o mozo Niels Bruus; na segunda, máis breve e posterior no tempo, optou por fiar o relato coas notas do señor Jens, párroco de Ålsø. Conxuntamente co xiro do final, tan xenuíno marco supón un dos puntos clave da obra, na medida na que evidencia o talento do autor para, por unha banda, facer unha exposición de caso e, pola outra, abrir a historia a interpretacións varias, sempre consonte as versións das testemuñas e dos implicados. Así pois, en certo sentido, bríndaselle ao lector a posibilidade de se erixir en xuíz e mesmo de confrontar os fundamentos do dereito e da xustiza.\n\n \n\n \n\n \n\n \u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003eEditorial: Hugin e Munin\u003cbr\u003eIdioma: Gallego","brand":"Conrad Ferdinand Meyer","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32643992682544,"sku":"9788412128055","price":13.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/O-amuleto.png?v=1611228311"},{"product_id":"na-neboa","title":"NA NÉBOA","description":"\u003cem\u003eNa néboa\u003c\/em\u003e, publicada orixinalmente en 1901, é unha hábil historia detectivesca –só que sen detectives– e asemade un logrado exemplo de novela enigma. Como acontece con outros textos do autor, a aposta decidida polo humor e o entretemento intelixente serán claves no artellamento da trama, unha sorte de \u003cem\u003ewhodunit\u003c\/em\u003e, onde de maneira lúdica e misteriosa se lanzan pistas até por fin chegar á resolución do caso, algo no que anos máis tarde destacarían a nivel internacional autores como Agatha Christie ou o tándem Ellery Queen.\n\nAo día seguinte da gran néboa londiniense de 1897, varios membros dun selecto club, The Grill, recompoñen pouco e pouco o crebacabezas dun presumible dobre asasinato. Tras a demorada reconstrución que conforma o relato marco, ateigada de especulacións, testemuños e narracións intercaladas, un xiro inesperado conduce ao que a crítica definiu, de forma unánime, como un enxeñoso final.\n\nOutros engados da obra están na recreación da atmosfera bretemosa e melancólica da capital inglesa, na axilidade dos diálogos, no continuo xogo cos clixés e na utilización, levemente burleira, de personaxes de avoengo (parlamentarios, nobres, princesas rusas…), que se moven e discuten nun atractivo ambiente vitoriano.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eEste opúsculo traslada á ficción un caso criminal real acontecido en 1625. Á hora de reformulalo, o autor quixo dividilo en dúas partes diferenciadas: na primeira plasmou os fragmentos do diario de Erik Sørensen, o maxistrado encargado de xulgar a Søren Qvist, párroco acusado de asasinar o mozo Niels Bruus; na segunda, máis breve e posterior no tempo, optou por fiar o relato coas notas do señor Jens, párroco de Ålsø. Conxuntamente co xiro do final, tan xenuíno marco supón un dos puntos clave da obra, na medida na que evidencia o talento do autor para, por unha banda, facer unha exposición de caso e, pola outra, abrir a historia a interpretacións varias, sempre consonte as versións das testemuñas e dos implicados. Así pois, en certo sentido, bríndaselle ao lector a posibilidade de se erixir en xuíz e mesmo de confrontar os fundamentos do dereito e da xustiza.\n\n \n\n \n\n \n\n \u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003eEditorial: Hugin e Munin\u003cbr\u003eIdioma: Gallego","brand":"Richard Harding Davis","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32643992748080,"sku":"9788412128062","price":12.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/Na-n_C3_A9boa.png?v=1611228314"},{"product_id":"o-parroco-de-vejlby-copia","title":"A VIDA NA FUNDICIÓN","description":"O \u003cem\u003enoir\u003c\/em\u003e nórdico comezou a fraguar coas primeiras historias criminais escandinavas das décadas de 1820 e 1830. En concreto, con tres textos de ficción: esta \u003cem\u003enouvelle\u003c\/em\u003e ideada por Blicher (1829), \u003cem\u003eSkällnora kvarn\u003c\/em\u003e (1838) do sueco Carl Jonas Love Almqvist e \u003cem\u003eMordet paa maskinbygger Roolfsen\u003c\/em\u003e (1839) do noruegués Mauritz Hansen. No caso específico de \u003cem\u003eO párroco de Vejlby\u003c\/em\u003e, tal é a súa importancia que foi seleccionada en 2006 como unha das doce obras que configuran o canon da literatura dinamarquesa.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eEste opúsculo traslada á ficción un caso criminal real acontecido en 1625. Á hora de reformulalo, o autor quixo dividilo en dúas partes diferenciadas: na primeira plasmou os fragmentos do diario de Erik Sørensen, o maxistrado encargado de xulgar a Søren Qvist, párroco acusado de asasinar o mozo Niels Bruus; na segunda, máis breve e posterior no tempo, optou por fiar o relato coas notas do señor Jens, párroco de Ålsø. Conxuntamente co xiro do final, tan xenuíno marco supón un dos puntos clave da obra, na medida na que evidencia o talento do autor para, por unha banda, facer unha exposición de caso e, pola outra, abrir a historia a interpretacións varias, sempre consonte as versións das testemuñas e dos implicados. Así pois, en certo sentido, bríndaselle ao lector a posibilidade de se erixir en xuíz e mesmo de confrontar os fundamentos do dereito e da xustiza.\n\n \n\n \n\n \n\n \u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003eEditorial: Hugin e Munin\u003cbr\u003eIdioma: Gallego","brand":"Rebecca Harding Davis","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32643992780848,"sku":"9788412128079","price":12.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/A-vida-na-fundici_C3_B3n.png?v=1611228322"},{"product_id":"o-caranguexeiro","title":"O CARANGUEXEIRO","description":"\u003cp\u003e\u003cem\u003eO caranguexeiro\u003c\/em\u003e, publicada por entregas na revista \u003cem\u003eSenki\u003c\/em\u003e entre os meses de maio e xuño de 1929 e apenas un trimestre máis tarde como volume exento, está considerada unha das obras canónicas da literatura proletaria. Malia tratarse dun texto breve, destaca a potencia coa que Kobayashi reflicte a desvalorización e o maltrato das clases traballadoras, un feito que daquela lle supuxo a intervención da censura, que mesmo chegou a prohibir a obra; no entanto, anos despois, esa mirada contestataria sería clave para atraer o interese de lectores e lectoras de todo o mundo, unha vez que se traduciu a decenas de linguas. O punto de partida para a historia é sinxelo: no xélido marco do mar de Okhotsk, Asakawa, o cruel superintendente dun barco factoría, o Hakkō Maru, explota con modos ruíns a súa numerosa tripulación, que sofre severos castigos e represalias. En consecuencia, e a pesar da vixilancia dun buque patrulla da mariña imperial, xorde entre os homes de mar a posibilidade dun motín. A novela de Kobayashi coñeceu distintas versións teatrais e cinematográficas e foi adaptada como manga, sempre con grande éxito de crítica e público. Boa parte do seu atractivo radica se cadra na fácil translación da historia a case calquera contexto de abuso e precariedade laboral. Así se explica, por exemplo, o \u003cem\u003eboom\u003c\/em\u003e de vendas que experimentou no Xapón tras o crac financeiro de 2008.      \u003cbr\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eEditorial: Hugin e Munin 07-2020\u003cbr\u003eIdioma: Galego\u003cbr\u003ePáxinas: 120\u003cbr\u003eLITERATURA DO MAR\u003c\/p\u003e","brand":"Takiji Kobayashi","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32643993141296,"sku":"9788412128048","price":14.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/O-caranguexeiro.png?v=1611228326"},{"product_id":"o-derradeiro-veran","title":"O DERRADEIRO VERÁN","description":"\u003cem\u003eUnha narración epistolar\u003c\/em\u003e publicouse por vez primeira en lingua alemá en 1910 e está considerada unha das obras de ficción máis relevantes da intelectual Ricarda Huch, candidata ao Premio Nobel até en sete ocasións. A autora, hábil evocadora de grandes momentos históricos, recrea nesta novela breve a Rusia de comezos do século XX a partir dun centenar de cartas cruzadas. As misivas pertencen a múltiples voces e revelan asemade a notable fondura dos personaxes e a intensa carga histórica que actúa como sutil soporte da acción. Neste sentido, cabe salientar o suspense creado dende a primeira páxina e un final que a crítica cualificou de dramático.\n\n \u003cbr\u003e\u003cbr\u003eA trama céntrase nunha familia da alta burguesía, os Rasimkara. Para contrarrestar o malestar estudantil, o gobernador de San Petersburgo pecha a universidade e marcha coa familia –a súa dona Lusinja, as súas fillas Katja e Jessika e mais o seu fillo Welja– á súa residencia estival, onde de novo será ameazado de morte. Gaña peso entón a figura de Lju, un alto funcionario do goberno que exerce como secretario do \u003cem\u003epater familias\u003c\/em\u003e así como de escolta, en previsión de posibles atentados revolucionarios. Na segunda metade do século pasado, a novela coñeceu adaptacións radiofónicas e longametraxes cinematográficas.\n\n \n\n \n\n \n\n \u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003eEditorial: Hugin e Munin\u003cbr\u003eIdioma: Gallego","brand":"Ricarda Huch","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644110254128,"sku":"9788494971310","price":14.5,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/O-derradeiro-ver_C3_A1n.png?v=1611230374"},{"product_id":"o-longo-adeus","title":"O LONGO ADEUS","description":"\u003cem\u003eO longo adeus\u003c\/em\u003e, publicada en 1953 e galardoada dous anos máis tarde co Premio Edgar que concede a Asociación de Escritores de Misterio dos Estados Unidos de América, está considerada a obra mestra de Raymond Chandler. Herdeira do estilo crítico e realista de Dashiell Hammett, o tempo converteuna nun clásico da narrativa negra.\n\n \u003cbr\u003e\u003cbr\u003eO detective Philip Marlowe axuda a marchar do país a Terry Lennox, un estraño personaxe sobre o que recaen todas as sospeitas polo asasinato da súa muller. Máis tarde, o fuxido suicidarase en México tras escribir unha carta de confesión. Aínda que o caso queda pechado, Marlowe teima en investigar sen atender ás presións da policía, dos baixos fondos e do magnate Harlan Potter, pai da falecida. Ao tempo, encárgase de localizar un escritor desaparecido, o atormentado Roger Wade, unha nova pescuda coa que o detective irá descubrindo o misterio que agocha a personalidade de Lennox.\n\nA través dun agudo retrato social das clases altas norteamericanas, o gansterismo e o desencanto, \u003cem\u003eO longo adeus \u003c\/em\u003efunciona como novela sobre a lealdade, a soidade e a perda das ilusións. Así o evidencian o nervio poético dalgunhas pasaxes, a estilización dos diálogos e o seu emocionante clímax. Supón, no fin de contas, unha demostración da forza narrativa de Raymond Chandler, consciente de que estaba a escribir a súa obra máis ambiciosa.\n\n \n\n \n\n \n\n \u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003eEditorial: Hugin e Munin\u003cbr\u003eIdioma: Gallego","brand":"Librería Abrente","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644110352432,"sku":"9788494971327","price":15.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/O-longo-adeus.png?v=1611230375"},{"product_id":"a-lua-e-seis-peniques","title":"A LÚA E SEIS PENIQUES","description":"O narrador en primeira persoa, un aspirante a escritor, seguirá os pasos de Charles Strickland, un anódino axente de cambio residente en Londres que se revela como un home túzaro, egocéntrico e obsesivo; así, unha vez que decide facer da pintura a súa razón de ser, Strickland non vacilará en renunciar á súa vida acomodada e principiar, con inusitada intrepidez, unha desconcertante aventura lonxe de Inglaterra.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eA presente obra, publicada orixinalmente en lingua inglesa en 1919, é asemade unha sátira dos costumes eduardianos e vitorianos e unha novela inspirada na vida do pintor francés\nPaul Gauguin, sempre consonte a versión extrema e mitificada que del trasladou a prensa da época e os testemuños que deron conta do particular carácter do artista, no cal confluían virtudes e graves eivas; entre estas últimas, algunhas verdadeiramente notables, por exemplo a soberbia, un egoísmo extremo e certos comportamentos violentos e abusivos.\n\nAdaptada ao cinema, á televisión, ao teatro e á ópera, \u003cem\u003eA lúa e seis peniques\u003c\/em\u003e está considerada un dos cumios na extensa produción do británico W. Somerset Maugham, a historia do xenio que o sacrifica todo, que renuncia ás posesións materiais e deixa de lado os convencionalismos da existencia para se dedicar á contemplación da beleza.\n\n \n\n \n\n \n\n \u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003eEditorial: Hugin e Munin\u003cbr\u003eIdioma: Gallego","brand":"W. Somerset Maugham","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644110450736,"sku":"9788494971372","price":15.5,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/A-l_C3_BAa-e-seis-peniques.png?v=1611230377"},{"product_id":"o-parroco-de-vejlby","title":"O PÁRROCO DE VEJLBY","description":"O \u003cem\u003enoir\u003c\/em\u003e nórdico comezou a fraguar coas primeiras historias criminais escandinavas das décadas de 1820 e 1830. En concreto, con tres textos de ficción: esta \u003cem\u003enouvelle\u003c\/em\u003e ideada por Blicher (1829), \u003cem\u003eSkällnora kvarn\u003c\/em\u003e (1838) do sueco Carl Jonas Love Almqvist e \u003cem\u003eMordet paa maskinbygger Roolfsen\u003c\/em\u003e (1839) do noruegués Mauritz Hansen. No caso específico de \u003cem\u003eO párroco de Vejlby\u003c\/em\u003e, tal é a súa importancia que foi seleccionada en 2006 como unha das doce obras que configuran o canon da literatura dinamarquesa.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eEste opúsculo traslada á ficción un caso criminal real acontecido en 1625. Á hora de reformulalo, o autor quixo dividilo en dúas partes diferenciadas: na primeira plasmou os fragmentos do diario de Erik Sørensen, o maxistrado encargado de xulgar a Søren Qvist, párroco acusado de asasinar o mozo Niels Bruus; na segunda, máis breve e posterior no tempo, optou por fiar o relato coas notas do señor Jens, párroco de Ålsø. Conxuntamente co xiro do final, tan xenuíno marco supón un dos puntos clave da obra, na medida na que evidencia o talento do autor para, por unha banda, facer unha exposición de caso e, pola outra, abrir a historia a interpretacións varias, sempre consonte as versións das testemuñas e dos implicados. Así pois, en certo sentido, bríndaselle ao lector a posibilidade de se erixir en xuíz e mesmo de confrontar os fundamentos do dereito e da xustiza.\n\n \n\n \n\n \n\n \u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003eEditorial: Hugin e Munin\u003cbr\u003eIdioma: Gallego","brand":"Steen Steensen Blicher","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644110712880,"sku":"9788494971389","price":11.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/O-p_C3_A1rroco-de-Vejlby.png?v=1611230379"},{"product_id":"apropiacion-indebida","title":"APROPIACIÓN INDEBIDA: UNHA NOVELA SOBRE O AMOR.","description":"Unha novela sobre o amor supuxo un auténtico fenómeno editorial en Suecia. No suxestivo escenario dun Estocolmo que irá mudando co paso das estacións, a douta ensaísta Ester Nilsson principia unha relación non sempre clara co artista Hugo Rask a partir dunha conferencia que imparte sobre a súa obra.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eCon tal premisa, e por medio dos actos e das elucubracións da protagonista, a autora levará os lectores da man por un mundo de postulados filosóficos, ideolóxicos e artísticos cuxo contrapunto parece ser a ingobernabilidade dos sentimentos humanos, así como a banalidade inherente a toda existencia.\n\nDáse pois unha rara conxunción entre elementos divagativos e cuestións da vida cotiá. Por veces, os dous personaxes que enfían a novela parecen funcionar como meras premisas para un sisudo estudo de caso; noutras ocasións, a empatía ou a identificación con eles pode resultar mesmo conmovedora. De calquera maneira, o que semella innegable é que se trata dunha novela con multitude de capas, feito que posibilita as lecturas máis diversas sobre temas universais como o amor, a angustia, a soidade, a dependencia ou o egoísmo.\n\n\u003cb\u003eLena Andersson\u003c\/b\u003e, nada o 18 de abril de 1970 en Estocolmo, é unha escritora e xornalista sueca.\n\nGañou en 2013 o premio August pola súa novela, (\u003ci\u003eApropiación indebida. Una novela sobre o amor)\u003c\/i\u003e. \u003ci\u003eEgenmäktigt förfarande – en roman om kärlek\u003c\/i\u003e\u003csup\u003e. \u003c\/sup\u003e Ese mesmo ano, e coa mesma obra, foi distinguida co premio literario que entrega o diario \u003ci\u003eSvenska Dagbladet\u003c\/i\u003e.\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003eEditorial: Hugin e Munin\u003cbr\u003eIdioma: Gallego","brand":"Lena Andersson","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644159143984,"sku":"9788494880599","price":15.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/Apropiaci_C3_B3n-indebida.png?v=1611231372"},{"product_id":"a-peste","title":"A PESTE","description":"\u003cem\u003eA peste\u003c\/em\u003e (1947), xa dende a cita inicial, convida a reflexionar sobre a forma na que o ser humano arrostra e supera o mal, ao tempo que afonda na importancia das actitudes individuais e colectivas na loita contra o sufrimento.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eEn Orán, na década dos corenta do século XX, as ratas mortas inzan paseniño as rúas a medida que se estende a enfermidade. Tras moitas reticencias, as autoridades deben recoñecer o espallamento da praga e pechar as portas da cidade. Imponse un exilio que, na súa lida coa morte, fai agromar nos seres humanos traxedias a diversa escala: a soidade, o absurdo da existencia, a esquizofrenia relixiosa, a submisión, a arte, a solidariedade, a indefensión ante a xustiza e a Administración, a manipulación informativa...\n\nCo carácter atípico da súa escrita, dotada de irrenunciables marcas de estilo e para nada compracente co lector, Camus adopta a perspectiva dun cronista neutro para recrear unha atmosfera abafante, e faino primando as ideas. No entanto, a novela acolle tamén un humor por veces cáustico, o gusto pola parábola e a beleza das descricións, así como unha focalización complexa que acolle diversas voces con interpretacións mesmo contraditorias. Esta alegoría de corte existencialista convida a ficar alerta ante unha ameaza que, como se advirte, non morre nin desaparece endexamais.\n\nA novela consta de cinco partes, as cales narran os feitos e a evolución da peste. Esta é contada por un narrador obxecto, que ao final descóbrese que era un dos personaxes principais da novela: O doutor Rieux. Segundo este, a obra non é máis cá testemuña do que foi necesario facer e deberían seguir facendo contra o terror, a súa arma infatigable, todas as persoas e especialmente os médicos.\n\nA novela consta de cinco partes, as cales narran os feitos e a evolución da peste. Esta é contada por un narrador obxecto, que ao final descóbrese que era un dos personaxes principais da novela: O doutor Rieux. Segundo este, a obra non é máis cá testemuña do que foi necesario facer e deberían seguir facendo contra o terror, a súa arma infatigable, todas as persoas e especialmente os médicos.\n\n\u003cb\u003e1ªParte\u003c\/b\u003e: Comezan a aparecer unha gran cantidade de ratas na cidade, que nun principio pasan desapercibidas para a poboación pero que despois desatan a histeria ao ir morrer á superficie. Tras un tempo, esta situación cesa completamente pero xorden casos de persoas que morren a causa dunha enfermidade que ao principio se descoñece cal é, pero máis tarde co alto número de infectados e a constatación dos seus síntomas afírmase que é a peste e cerran a cidade. Nesta parte preséntanse os principais personaxes: O doutor Rieux, o periodista Raymond Rambert, Grand, o señor Cottard, o padre Paneloux e Jean Tarrou.\n\n\u003cb\u003e2ªParte\u003c\/b\u003e: O peche da cidade produce un sentimento de exilio, individualidade, medo, sufrimento, inquietude, sorpresa... A peste pasa a ser o tema principal da vida dos cidadáns xa que están illados do mundo exterior e o único medio que teñen para comunicarse é o telégrafo. Ademais teñen lugar separacións familiares para as cales a xente non estaba preparada. Rambert, un dos personaxes principais, idea un plan para escapar da cidade e reunirse coa súa amada en París, aínda que mentres non atopa o medio para marchar decide axudar nos equipos sanitarios. Outro coma o padre Paneloux, dá un sermón no que afirma que a peste é un acto de Deus como castigo pola actitude pecaminosa dos crentes. Ademais están o señor Cottard (que é o único que está contento coa peste, xa que así a xustiza non se pode ocupar del por un feito delitivo no que estaba implicado) e Rieux, Tarrou e Grand os cales loitan cada un á súa maneira contra a epidemia, a cal está a causar un número moi elevado de mortes.\n\n\u003cb\u003e3ªParte\u003c\/b\u003e: Saqueos e violencia por algunhas persoas, mala situación debido a que as mortes seguen aumentando, establécese un toque de queda e os funerais realízanse con moita velocidade. A poboación encóntrase abatida tanto física coma emocionalmente (sentimento de exilio e separación) e abandónase á praga. Non hai lugar para o amor e entre todo este caos a xente agarda a paz.\n\n\u003cb\u003e4ªParte\u003c\/b\u003e: A cidade atópase dobregada á peste (sociedade indiferente e membros dos equipos sanitarios cansados). Rambert non se marcha e decide quedar para axudar. Paneloux dá un novo sermóninstando os fieis a loitar contra a praga poñendo varios exemplos. Ademais aborda o tema de que os nenos sufran esa situación e di que chegou o momento de negar ou afirmar todo. Finalmente, a peste comeza a retroceder e descenden as mortes. Un exemplo disto é o de Grand que tivo a peste e recuperouse, ao contrario de Paneloux que morre.\n\n\u003cb\u003e5ªParte\u003c\/b\u003e: A peste que comezara en abril chega ó seu fin en febreiro. A peste vaise debilitando e a xente comeza a ser feliz e a ter esperanzas. Ábrense as portas da cidade e reúnense os separados (os cales triunfan ante a peste e empeza a ser felices, mentres que para as persoas que perderan a un ser querido continuaría por sempre a peste). Ademais descóbrese que Rieux é o narrador de tipo obxecto, xa que o seu propósito era o de contar a historia coa máxima discreción posible. Rambert reúnese coa súa amada, Cottard é apresado, Tarrou morre da peste, Grand segue escribindo a súa historia e a Rieux mórrelle a muller dunha vella enfermidade nun sanatorio lonxe de Orán. Finalmente a alegría volve outra vez á cidade, aínda que esta alegría está sempre ameazada, xa que dun momento a o outro pode volver a peste ou calquera outra desgraza.\n\n\u003cb\u003eAlbert Camus\u003c\/b\u003e, nado en Mondovi -actual Dréan  (Alxeria) o 7 de novembro de 1913 e finado en Villeblevin no departamento de Yonne (Francia) o 4 de xaneiro de 1960, foi un escritor e filósofo francés. Dende un punto de vista artístico, trátase dun autor vencellado ao existencialismo, malia que afirmou non comungar cos seus postulados filosóficos. En 1957 concedéuselle o Premio Nobel de Literatura.\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003eEditorial: Hugin e Munin\u003cbr\u003eIdioma: Gallego","brand":"Albert Camus","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644159176752,"sku":"9788494971303","price":16.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/A-peste.png?v=1611231374"},{"product_id":"unha-muller-perdida","title":"UNHA MULLER PERDIDA","description":"Publicada orixinalmente en lingua inglesa no ano 1923, ten como protagonista a suxestiva Marian Forrester, que Willa Cather, gañadora dun premio Pulitzer, presenta a través da voz narrativa e da mirada fascinada e esperta de Niel Herbert dende cativo.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eA historia, enriquecida cun fato de personaxes perfilados con habelencia –como o capitán Forrester, o matrimonio Ogden ou o avogado Ivy Peters–, está ambientada en Sweet Water, unha localidade ficticia que, coma noutras obras de Cather, se enmarca nos tempos do gran desenvolvemento do Vello Oeste americano.\n\nA prosa sinxela, nostálxica e evocadora da escritora permite penetrar nunha historia salientable en canto ao tratamento do paso do tempo ou á súa capacidade para transmitir a beleza e a decadencia dun estilo de vida refinado que esmorece de forma inexorable. Tamén, no que se refire a Niel Herbert, contén moitos dos trazos característicos da novela de formación, entre outros a decepción que a miúdo acompaña a entrada na madureza.\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003eEditorial: Hugin e Munin\u003cbr\u003eIdioma: Gallego","brand":"Willa Cather","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644252663856,"sku":"9788494880568","price":15.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/Unha-muller-perdida.png?v=1611233477"},{"product_id":"filibuth-ou-reloxo-ouro","title":"FILIBUTH OU O RELOXO DE OURO","description":"Publicada en Francia en 1923, é representativa do Max Jacob escritor: posuidor dun estilo arbóreo, atropelado, rompedor e nada habitual.  O autor tece unha historia da sociedade francesa mediante o retrato de gran cantidade de figuras de extracción social dispar pero de natureza semellante...\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eCoa pretensión de se burlar da loucura e da mala fe dos seus semellantes, a historia constrúese a partir das peripecias dun reloxo, o cal, tras ser adquirido en 1804, é herdado pola viúva Lafleur, quen o conserva con tanta reverencia como desleixo. Vítima de constantes cambios de mans, o obxecto emprende unha viaxe internacional por lugares como a Costa Azul ou Venecia, onde se converte en amuleto nunha sesión de hipnotismo e asiste ás loiadas do vello conquistador Cecco Baldo. Ao cabo, tras chegar ao Xapón, retorna á señora Lafleur e coñece un ridículo final.\n\nO autor tece unha historia da sociedade francesa mediante o retrato de gran cantidade de figuras de extracción social dispar pero de natureza semellante, que prodigan os seus excesos verbais. O relato deriva así nunha enorme caricatura adobiada con reflexións morais e extensas cartas. Os paralelismos entre Max Jacob e o personaxe de Odon-Cygne-Dur –ambos veciños da rúa Gabrielle, un dos principais escenarios da historia, e convertidos á fe relixiosa, desenganados da vida parisiense–, fan que parte da crítica a defina como unha novela autobiográfica desenfadada e vangardista que combina a linguaxe elíptica e metafórica co rexistro popular.\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003eEditorial: Hugin e Munin","brand":"Max Jacob","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644252696624,"sku":"9788494880551","price":16.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/Filibuth-ou-o-reloxo-de-ouro.png?v=1611233479"},{"product_id":"impaciencia-do-corazon","title":"A IMPACIENCIA DO CORAZÓN","description":"Unha das derradeiras obras de Zweig publicadas en vida do autor (1939), a súa novela máis longa e, por múltiples motivos, un dos textos de ficción que mellor aborda o tema da compaixón alén do sentimentalismo e das connotacións relixiosas.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eEn 1914, no declive do Imperio austrohúngaro, nun ambiente de preguerra, o tenente Hofmiller é convidado polos Kekesfalva, unha familia húngara de renome e posibles, ao seu castelo. Alí coñece a Edith, a filla discapacitada do patrón, que se namora perdidamente del. En troco, o militar compadécea, e máis nada. Xorde con tal premisa un relato doloroso e cru que, en ocasións tras o muro da covardía, outras da inacción e do infortunio, revela un impresionante fresco da condición humana, capaz de interpelar a calquera perfil de lector.\n\nConstruída cunha literatura de incontestable calidade (destacan a multiplicidade de voces, a alternancia temporal e a inclusión da corrente de conciencia), a obra evoca de maneira sutil e constante o destino tráxico da existencia. Dentro da novelística, supón un dos cumios da literatura europea de entreguerras.\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003eEditorial: Hugin e Munin","brand":"X","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644252729392,"sku":"XXXX","price":19.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/A-impaciencia-do-coraz_C3_B3n.png?v=1611233481"},{"product_id":"pequena-inglaterra","title":"PEQUENA INGLATERRA","description":"\u003cem\u003ePequena Inglaterra\u003c\/em\u003e é unha das novelas máis senlleiras e vendidas da literatura grega contemporánea. Publicada por vez primeira en 1997 en Atenas, reportoulle á súa autora, a cretense Ioanna Karistiani, o Premio Nacional de Literatura de Grecia.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eDende aquela, sucedéronse as reimpresións e as traducións a multitude de linguas. Co mar Exeo e con Andros, a máis setentrional das illas Cícladas, como marco principal da acción, e alicerzada cos vimbios característicos dunha traxedia clásica, a obra, partindo da personaxe protagonista, Orsa Saltaferos, afonda nas vidas dunha comunidade de mariñeiros ao longo da primeira metade do século XX. Traballo, desgrazas, vodas e amores cruzados, vencellos irrenunciables, solitarias travesías, paisaxes agrestes, a guerra...\n\nO amor, a perda, as renuncias e a sororidade son catro temas cruciais que, con acerto lírico e solvencia narrativa, a autora aborda nunha historia poboada de personaxes que foi cualificada en ocasións como melodrama moderno, tamén en canto á súa complexa estrutura.\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003eEditorial: Hugin e Munin","brand":"Ioanna Karistiani","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644252762160,"sku":"9788494880575","price":16.5,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/Pequena-Inglaterra.png?v=1611233483"},{"product_id":"dos-dias-do-porvir","title":"DOS DÍAS DO PORVIR","description":"\u003cem\u003eP\u003c\/em\u003eublicouse por fascículos nas páxinas da revista literaria \u003cem\u003eThe Pall Mall Magazine\u003c\/em\u003e, e deseguido como parte da compilación de relatos e novelas de temática futurista e fantástica \u003cem\u003eTales of Space and Time\u003c\/em\u003e (1899).\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eElizabeth e Denton son o que Isaac Asimov chamaría «medievalistas», o cal, nun contexto futuro, identifica aquelas persoas que rexeitan a vida urbana e o progreso tecnolóxico, avogan por unha volta ao rural e anhelan os usos e costumes do pasado. Non obstante, o que seduce a parella de mozos non é tanto a filosofía medievalista coma a época vitoriana. Aos seus ollos, o estilo de vida británico do XIX é o contrapunto ao Londres distópico do século XXII no que viven. Con esa premisa, o prolífico Wells constrúe unha intelixente obra de anticipación, na que resulta recoñecible a división en estratos dunha sociedade alicerzada sobre criterios mercantilistas, coa omnipresente mercadotecnia e os rendementos do\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003eEditorial: Hugin e Munin","brand":"H. G. Wells","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644252794928,"sku":"9788494653865","price":14.5,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/dos-d_C3_ADas-do-porvir.png?v=1611233486"},{"product_id":"nos-2","title":"NÓS","description":"Evgenii Zamiatin escribiu esta novela nutricia da ciencia ficción distópica entre 1919 e 1921. Porén, debido á censura soviética –suprimida en 1988–, o autor non puido vela publicada na súa lingua orixinal e tivo que se conformar coa tradución ao inglés na editorial norteamericana Dutton, en 1924.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eSucederíanse entón as traducións, tanto dende o manuscrito ruso (ao checo, por exemplo, en 1927), como dende a versión inglesa (ao francés, en 1929). E con cada nova edición estranxeira de \u003cem\u003eNós\u003c\/em\u003e, a fenda entre o escritor e as autoridades soviéticas tornaba meirande.\n\nEn 1946 George Orwell escribiu unha recensión da obra nas páxinas da revista londiniense \u003cem\u003eTribune\u003c\/em\u003e; salientaba a súa «forte tendencia ao primitivismo», así como os «impulsos atávicos» do desasosegado protagonista, D-503. Pola súa parte, Ursula K. LeGuin, outra imperdible da literatura distópica, puxo o acento no seu carácter de excelencia e no «ton anarquista». Trátase, en efecto, dunha peza difícil, avasaladora e poliédrica. De feito, resulta significativo o seu predicamento entre a comunidade matemática e os amantes da metáfora, das sinestesias e do expresionismo. Zamiatin, sobre a base do cálculo, a xeometría e os sentimentos humanos, compuxo un ambiente onírico, sufocante e suxestivo realmente memorable.\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003eEditorial: Hugin e Munin","brand":"Evgenii Zamiatin","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644252827696,"sku":"9788494653889","price":16.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/N_C3_B3s-hugin.png?v=1611233488"},{"product_id":"un-mundo-distinto","title":"UN MUNDO DISTINTO","description":"Obra que o prudente bispo inglés Joseph Hall nunca admitiu como súa a fin de evitar as represalias dos puritanos da época, foi escrita en latín en 1605 e distribuída, nun principio, só entre persoas de confianza.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eEntre as obras satíricas clásicas, a de Hall considérase unha das máis valiosas dende o punto de vista literario. As súas páxinas conteñen un suxestivo e irrisorio catálogo de arquetipos humanos; tal é a fórmula que o autor argallou para disparar –coa arma da ridiculización– contra a corrupta Igrexa católica romana. O mundo que nos presenta está poboado por unha amálgama de necios e fanáticos, de individuos deformes e demasiado seguros de si mesmos, habitantes de territorios imposibles onde os roles tradicionais de homes e mulleres se inverten, onde as sociedades se gobernan por códigos de conduta a todas luces disparatados e os usos e costumes renxen por onde queira que se miren... Porén, trátase dun mundo idéntico ao que se ten por civilizado.\n\nA intrépida viaxe a terra ignota que realiza Mercurio Británico, é unha das máis extravagantes e trouleiras da literatura utópica. Amais, a presente edición en galego permite realizar unha lectura informal ou ben, grazas ao amplo e traballado corpo de notas (tanto do autor coma do tradutor), unha máis sisuda pero non menos gozosa.\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003eEditorial: Hugin e Munin","brand":"Joseph Hall","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644252860464,"sku":"9788494653834","price":16.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/un-mundo-distinto-def.png?v=1611233490"},{"product_id":"xogo-das-cadeiras","title":"O XOGO DAS CADEIRAS","description":"Unha novela de carácter intimista que, a través dos testemuños de varias mulleres –Martiña, Teresa e Eulali, eixes que sosteñen a narración–, indaga nas engrenaxes da memoria.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003e\u003cdiv class=\"product_description\"\u003e\n\nO pasado, que abrangue dende a primeira infancia até case os intres finais da vida, ten pois un peso capital, en tanto que arquivo de experiencias e lembranzas dos distintos personaxes. A historia acontece nunha pequena vila portuaria de Euskal Herria, e artéllase a partir do simbolismo que atesouran as cadeiras da pastelaría rexentada por Ixabel, lugar de encontro dun grupo de clientes xa na ancianidade. No local técense interesantes conversas que se van enfiando cos pensamentos dos personaxes, e que alternan presente e pasado para conformar, por medio de escenas, unha completa liña vital: dende os inxenuos tempos da infancia, pasando pola represión, as traizóns ou os abusos de poder, en plena guerra civil, até a madureza e a senectude, coa morte sempre á espreita.\n\n\u003c\/div\u003e\n\u003cdiv class=\"single_additional_description\"\u003e\n\nNo plano estilístico, cómpre destacar un estilo directo e sinxelo, a ausencia de adobíos e unha acaída división en breves capítulos e secuencias que invitan o lectorado a reconstruír o carácter fragmentario da novela.\n\n\u003c\/div\u003e\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003eEditorial: Hugin e Munin\u003cbr\u003eIdioma: Gallego","brand":"Uxue Alberdi","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644252893232,"sku":"9788494653858","price":14.5,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/O-xogo-das-cadeiras.png?v=1611233493"},{"product_id":"os-salgueiros","title":"OS SALGUEIROS","description":"Esta novela curta do prolífico Blackwood está considerada pola crítica un dos textos máis representativos e potentes da moderna literatura de terror en lingua inglesa, feito que xustifica as numerosas traducións existentes ás máis diversas linguas, así como, por mor dunha extensión que supera o habitual para un relato, a súa publicación en edicións exentas.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eOs salgueiros, publicado en 1907 como parte da colección The Listener and Other Stories, é, en palabras de H. P. Lovecraft, «o mellor relato sobrenatural xamais escrito» e «conforma en por si unha categoría especial da literatura espectral». Dous aventureiros –o narrador e mais o sueco– emprenden unha viaxe en canoa polo maxestoso río Danubio que nun momento dado os leva a acampar nunha illa fluvial localizada nun tremedal. A partir dese momento mergullaranse nun suxestivo ambiente de irrealidade e irán tomando conciencia do «horror cósmico» (así o define Lovecraft) e das presenzas sobrenaturais que os asexan. Mais non só abafa a atmosfera; tamén o desenlace intenso e sobrio, grazas a unha sutileza narrativa de primeira orde.\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003eEditorial: Hugin e Munin\u003cbr\u003eIdioma: Gallego","brand":"Algernon Blackwood","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644314267696,"sku":"9788494540318","price":11.5,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/os-salgueiros.png?v=1611235115"},{"product_id":"a-obra","title":"A OBRA","description":"Determinadas pasaxes, coma as dos desaloxamentos ou as das indignas tretas dos patróns, resultan dunha actualidade a todas luces abraiante, e demostran que Bruno Sperani, nunca antes traducida ao galego, foi unha muller comprometida e atenta ao seu contorno.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eEn liñas xerais, a produción de Bruno Sperani caracterízase por presentar certo pouso determinista e pola especial profundidade concedida ás mulleres, arrastradas polas leis do sangue e da sociedade e cuxo destino fatal deriva na servidume e a submisión. No caso de \u003cem\u003eA obra\u003c\/em\u003e (1894), coa que a autora acadou un enorme éxito, Luisina Terragni exemplifica un camiño dende a resignación, tras ser seducida e enganada e vivir unha chea de desgrazas, até a rebelión, unha vez que coñece o verdadeiro amor co obreiro Francesco Bitossi. A historia está ambientada en Milán, onde daquela tiña lugar unha febril actividade co fin de construír novas avenidas, barrios e modernas infraestruturas. Cun estilo incisivo e penetrante, o relato aborda a vida dos marxinados e desfavorecidos, aos que contrapón cos poderosos especuladores, mesquiños e hipócritas. Ao tempo, insírese na trama o xermolo das ideas socialistas entre a clase traballadora e as incipientes protestas sociais.\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003eEditorial: Hugin e Munin\u003cbr\u003eIdioma: Gallego","brand":"Bruno Sperani","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644314300464,"sku":"9788494653810","price":14.5,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/a-obra.png?v=1611235118"},{"product_id":"espedicion","title":"ESPEDICIÓN","description":"A narración en primeira persoa parte dunha travesía cara ao cumio do Shisha Pangma, o SP, a montaña de 8.027 metros de altura no cordal Himalaia.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eA presente obra, publicada orixinalmente en éuscaro en 2015, entronca coa chamada literatura de montaña, difuso subxénero que linda e comparte elementos coa literatura de viaxes e tamén coa de exploración. Cabe sinalalo na medida na que no mercado editorial galego apenas existen mostras deste clase de textos. Para a conformación de \u003cem\u003eeSPedición. O poder dunha montaña\u003c\/em\u003e, Juanra Madariaga, autor vasco de gran prestixio no ámbito da poesía, optou por conxugar crónica e lirismo. A narración en primeira persoa parte dunha travesía cara ao cumio do Shisha Pangma, o SP, a montaña de 8.027 metros de altura no cordal Himalaia; consonte avanza o texto, o protagonista explica a orixe da súa paixón, relata as duras condicións que deben enfrontar os aventureiros e achega multitude de referencias literarias que acompañaron ao longo da historia do montañismo a aqueles que, coma el, algunha vez ousaron coroar as cristas máis altas do planeta.\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003eEditorial: Hugin e Munin\u003cbr\u003eIdioma: Gallego","brand":"Juanra Madariaga","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644318134320,"sku":"9788494653803","price":16.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/espedicion.png?v=1611235287"},{"product_id":"detras-da-mascara","title":"DETRÁS DA MÁSCARA","description":"A historia segue o devir de Jean Muir, muller independente de grande intelixencia que se revelará como unha peculiar femme fatale.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003e\u003cem\u003eDetrás da máscara: o poder dunha muller\u003c\/em\u003e publicouse por vez primeira en 1866 nas páxinas literarias do semanario de noticias de Boston \u003cem\u003eThe Flag of Our Union\u003c\/em\u003e. Así a todo, non sería até un século máis tarde cando acadase a posición de privilexio que hoxe ten no conxunto da obra de Alcott. En 1975, unha editora independente neoiorquina e experta en Alcott, Madeleine B. Stern, rescatou a obra do esquecemento e propiciou a súa relectura atenta, sobre todo por parte da crítica ligada á teoría feminista; de feito, hoxe está considerada unha das grandes obras do subxénero coñecido como «novela sensacionalista», de enorme popularidade nas décadas de 1860 e 1870 no mundo anglosaxón.\n\nA historia segue o devir de Jean Muir, muller independente de grande intelixencia que se revelará como unha peculiar \u003cem\u003efemme fatale\u003c\/em\u003e. A protagonista chegará para traballar como institutriz da adolescente Bella na mansión dos Conventry, feito do que se servirá a autora (quen por certo asinara a obra, e tamén outras dúas, co pseudónimo A. M. Barnard) para despregar unha serie de temas que lle interesaban: o ascenso social e o sistema de clases e xerarquías, o finximento, os intereses ocultos, a sedución ou a forza da determinación.\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003eEditorial: Hugin e Munin\u003cbr\u003eIdioma: Gallego","brand":"Louisa May Alcott","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644318167088,"sku":"9788494653810","price":15.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/detras-da-mascara.png?v=1611235289"},{"product_id":"viaxe-subterranea-niels-klim","title":"A VIAXE SUBTERRÁNEA DE NIELS KLIM","description":"É, en multitude de aspectos, unha prima carnal de As viaxes de Gulliver (1726) do británico Jonathan Swift. Así mesmo, forma parte do selecto conxunto de obras que inspiraron a ciencia ficción e a fantasía modernas. Cabe sinalar, como curiosidade, que moi probablemente Tolkien se inspirou nesta peza para crear a raza dos ents na súa magna obra O señor dos aneis.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eLudvig Holberg non quería publicar A viaxe subterránea de Niels Klim: temía as críticas iradas que lle puidesen chegar dende os ambientes académicos de Copenhaguen, como xa lle acontecera coas súas comedias. Ao cabo, consentiu en publicar a novela, a condición de que fose no estranxeiro e baixo pseudónimo; tal aconteceu en 1741. O autor escandinavo deixou escrito que, pola súa pedagoxía, se trataba dunha «novela filosófica». Baseándose na ficción, Holberg quixo compendiar nela a súa filosofía moral e, ao tempo, pretendeu construír un sistema ético proveitoso para o xénero humano. A narración alicérzase na sátira e no humor, trazos que o escritor deprendeu dos clásicos latinos, da commedia dell’arte italiana e das obras de Molière; un bo exemplo disto é o contraste entre os costumes dos seres do mundo subterráneo e os habitantes da superficie.\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003eEditorial: Hugin e Munin\u003cbr\u003eIdioma: Gallego","brand":"Ludvig Holberg","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644328489008,"sku":"9788494540387","price":15.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/a-viaxe-subterranea.png?v=1611235623"},{"product_id":"therese-raquin","title":"THÉRÈSE RAQUIN","description":"O autor realiza unha meticulosa disección dos pensamentos da parella formada por Thérèse e Laurent, os cales entran pouco e pouco nunha espiral vertixinosa, arrastrados pola súa desorde orgánica até perderen o control na derradeira escena, dun horrible realismo.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eThérèse Raquin é a terceira novela de Émile Zola, a primeira que responde ás premisas do naturalismo e o seu primeiro éxito nas letras. A historia partiu dun relato publicado en Le Figaro en 1866, posteriormente desenvolvido até se converter nunha novela que apareceu por entregas en 1867 en L'Artiste. Nese mesmo ano apareceu nun volume exento. A segunda edición, de 1868, contén un prefacio explicativo, incluído neste volume, no que autor se defende das críticas que recibiu. A novela amosa na súa concepción a influencia do método científico, a medicina experimental e os inicios da psiquiatría, e pon en escena a psicoloxía duns personaxes dominados polos nervios, as desordes cerebrais e a forza do instinto, desprovistos do libre arbitrio e arrastrados a cada acto da súa vida polas fatalidades da carne. Ao fío da intriga, Zola explora as manobras utilizadas polos dous protagonistas para satisfaceren os seus desexos, a exacerbación das súas ardencias, o peso dos remorsos e as accións cada vez máis temerarias.\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003eEditorial: Hugin e Munin\u003cbr\u003eIdioma: Gallego","brand":"Émile Zola","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644328521776,"sku":"9788494540301","price":15.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/terese-raquin.png?v=1611235625"},{"product_id":"o-xogo-serio","title":"O XOGO SERIO","description":"A acción, conducida de maneira maxistral, acontece en Suecia ao longo dos anos finais do século XIX e os primeiros do XX, en escenarios como Estocolmo.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003e\u003cem\u003eO xogo serio\u003c\/em\u003e, a derradeira das catro novelas escritas por Hjalmar Söderberg (se cadra a de maior carga autobiográfica e tamén a máis fatalista), publicouse orixinalmente en lingua sueca en 1912. O autor desenvolve a historia de Arvid Stjärnblom, quen vive na dúbida e no dilema permanentes, tanto no eido profesional coma nas súas relacións persoais e amorosas. O amor adquire especial relevo nestas páxinas, abordado dende unha perspectiva psicolóxica, a partir da fonda melancolía que impregna, polo demais, toda a obra de Söderberg. A acción, conducida de maneira maxistral, acontece en Suecia ao longo dos anos finais do século XIX e os primeiros do XX, en escenarios como Estocolmo. Nesta cidade, entre fermosas prazas e co pano de fondo das grandes transformacións xeopolíticas que aconteceron nesa época, transcorre a convulsa vida duns personaxes complexos e a miúdo contraditorios, até o punto de poder afirmar que o lector de hoxe recoñecerá a extrema vixencia de non poucos comportamentos.\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003eEditorial: Hugin e Munin\u003cbr\u003eIdioma: Gallego","brand":"Hjalmar Söderberg","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644348280880,"sku":"9788494540370","price":16.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/o-xogo-serio.png?v=1611235995"},{"product_id":"as-damas-verdes","title":"AS DAMAS VERDES","description":"A novela foi moi apreciada por, entre outros, Rosalía de Castro, quen reparou nas enormes similitudes co seu El caballero de las botas azules (1867). Por outra banda, cabe sinalar que a galega consideraba a Sand unha «novelista profunda», ademais dun modelo vital, ideolóxico, intelectual e creativo da muller emancipada e progresista.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003e\u003cem\u003eAs damas verdes\u003c\/em\u003e, publicada orixinalmente por entregas no semanario \u003cem\u003eLe Monde illustré\u003c\/em\u003e entre abril e xuño de 1857, é unha novela curta de gran singularidade dentro da produción literaria de George Sand, unha das meirandes figuras do romanticismo francés, que aquí opta por facer unha aproximación ao xénero fantástico, con evidente ironía. Certo día de maio de 1788, un avogado chamado Just Nivières preséntase, enviado polo seu pai, no castelo da condesa de Ionis por mor dun preito que esta mantén cuns familiares e no que cómpre tomar unha decisión. Pero a atmosfera que alí atopa é ben máis complexa do esperado. Perturbado polas aparicións dunhas misteriosas e lendarias damas, sen saber de certo que responde á realidade e que á fantasía, o mozo, atacado por un incipiente desexo amoroso, deberá facer fronte á situación. Así pois, tras o atractivo veo dun relato fantástico, Sand aproveita para pór de manifesto toda unha serie de preocupacións sociais da época.\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003eEditorial: Hugin e Munin\u003cbr\u003eIdioma: Gallego","brand":"George Sand","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644348346416,"sku":"9788494540363","price":13.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/as-damas-verdes.png?v=1611235997"},{"product_id":"veran-sen-homes","title":"O VERÁN SEN HOMES","description":"Escrita en primeira persoa, a obra é íntegra no plano intelectual e tamén no emotivo. Se cadra é por iso, e pola ironía que impregna cada páxina, polo que resulta tan estimulante.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eÉ verán en Minnesota. Mia Fredricksen, profesora universitaria e poeta na cincuentena, debe facer fronte á decisión do seu home, Boris Izcovich, de interromper a relación conxugal que ambos manteñen dende hai trinta anos. O motivo: unha moza coa que el inicia unha aventura amorosa. Así arrinca unha historia que trascende a literatura de xénero e na que xogan un papel fundamental a memoria e a propia identidade. Pero non só: hai tamén reflexións sobre a velleira, sobre os procesos cognitivos, a bioloxía e a neurociencia, a histeria, a catarse, o desexo, a puberdade, a enfermidade... Hustvedt lograr dotar o relato dunha profundidade e dunha exquisitez sorprendentes; resulta en verdade notable a súa capacidade para abordar cuestións de calado, tanto dende unha óptica humanista coma científica, sen recorrer a frases sisudas nin a densos parrafeos. Co máximo respecto para co lector, a autora imprímelle á novela un ton ameno e accesible que, malia ser novelesco, non dista moito do ensaio divulgativo.\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003eEditorial: Hugin e Munin\u003cbr\u003eIdioma: Gallego","brand":"Siri Hustvedt","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644378853424,"sku":"9788494540349","price":16.5,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/o-veran-sen-homes.jpg?v=1611236531"},{"product_id":"colleita-vermella","title":"COLLEITA VERMELLA","description":"A historia arrinca coa chegada dun detective privado á gris cidade de Personville. A cada movemento do protagonista, xorden novas complicacións: verase inmerso en sanguinarios enfrontamentos entre bandas rivais e coñecerá as manobras reprobables realizadas á marxe da lei. Cabe sinalar que a trama se intrica até extremos insospeitados, pero iso non fai senón acentuar o peso literario dunha obra fóra de serie.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003e\u003cem\u003eColleita vermella\u003c\/em\u003e publicouse por vez primeira nos Estados Unidos de América en 1929. Trátase dunha obra pioneira do xénero negro, hoxe considerada pola crítica como unha das mellores novelas en lingua inglesa do século XX. Para amantes do \u003cem\u003ehard-boiled\u003c\/em\u003e, é de lectura inescusable: porque serve de modelo para a multitude de obras pulp que virían despois (non só na literatura senón tamén no cinema); por ser a primeira novela co axente da Continental como protagonista, personaxe insignia –xunto con Sam Spade e o Philip Marlowe de Raymond Chandler– do xénero; por algunhas escenas e diálogos verdadeiramente xeniais: segundo o existencialista galo André Gide, «o último en atrocidade, cinismo e horror»; pola súa complexidade a case calquera nivel: foi lida como enxeñosa alegoría, como apoloxía marxista do sindicato organizado (para o caso, a mafia) e como virulenta comedia negra ao redor do asasinato.\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003eEditorial: Hugin e Munin\u003cbr\u003eIdioma: Gallego","brand":"Dashiel Hammett","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644379050032,"sku":"9788494450332","price":16.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/colleita-vermella.jpg?v=1611236536"},{"product_id":"a-senorita-else","title":"A SEÑORITA ELSE","description":"Durante a súa ociosa estadía nun hotel de San Martino di Castrozza, Else recibe unha carta da nai na que esta lle roga que faga canto estea na súa man a fin de reunir axiña unha suma de diñeiro coa que saldar unha débeda do pai e evitar así que acabe na cadea.\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003e","brand":"Librería Abrente","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644399071280,"sku":"WP4762","price":13.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/4597-thickbox_default-A-se_C3_B1orita-Else-e1469393259465.jpg?v=1611236906"},{"product_id":"a-contrafio","title":"A CONTRAFÍO","description":"A contrafío (1884) é unha das obras máis orixinais do seu tempo e ocupa un lugar senlleiro na Historia da Literatura. Considerada a biblia do decadentismo, constitúe a crónica do movemento de renovación estética acontecido a finais do século XIX, non só en Francia senón na maioría de países europeos e americanos...\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003e","brand":"Librería Abrente","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644399104048,"sku":"WP4760","price":16.5,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/4596-thickbox_default-A-contraf_C3_ADo-e1469393283161.jpg?v=1611236908"},{"product_id":"ultimas-cartas-de-jacopo-ortis","title":"ÚLTIMAS CARTAS DE JACOPO ORTIS","description":"As misivas abordan temas diversos —a morte, a paisaxe, a corrupción política, o esquecemento dos heroes nacionais, a natureza humana— e dan conta das contradicións do protagonista. \u003cspan style=\"color: #111111; font-family: Helvetica, 'Josefin Slab', Helvetica, Ubuntu, 'Helvetica Neue', Helvetica, Arial, sans-serif; font-size: 16.9793px; font-style: normal; font-variant: normal; font-weight: 100; letter-spacing: normal; line-height: 19.2px; orphans: auto; text-align: left; text-indent: 0px; text-transform: none; white-space: normal; widows: 1; word-spacing: 0px; -webkit-text-stroke-width: 0px; display: inline !important; float: none; background-color: #ffffff;\"\u003e\u003cspan class=\"Apple-converted-space\"\u003e\n\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eÚltimas cartas de Jacopo Ortis, primeira novela epistolar da literatura italiana, partiu de Laura, lettere (1796), unha historia de amor inspirada no suicidio do universitario Girolamo Ortis e no afecto de Foscolo por Isabella Teotochi Albrizzi. Con posterioridade, o autor reelaborou o texto e engadiulle nas sucesivas edicións detalles relacionados coa súa biografía. Para a crítica, a definitiva é a datada en Londres en 1817. O material epistolar preséntase recompilado polo destinatario e suposto editor, Lorenzo Alderani. Jacopo, un mozo burgués inmerso nas loitas políticas do momento, vese obrigado a fuxir de Venecia, e durante a súa estadía nos Euganeos, de camiño ao exilio, escríbelle a Lorenzo longas reflexións sobre o seu descontento pola marcha do país, e confésalle os seus sentimentos por Teresa.As misivas abordan temas diversos —a morte, a paisaxe, a corrupción política, o esquecemento dos heroes nacionais, a natureza humana— e dan conta das contradicións do protagonista. De feito, a tensión da obra émáis psicolóxica ca argumental. Na liña da novela sentimental e dos motivos propios do xénero epistolar —sobre o modelo da Nouvelle Héloïse (1761) e do Werther (1774)—, mais tamén influenciado pola obra de Vittorio Alfieri, este texto conxuga o discurso amoroso co político e identitario. Jacopo só enxerga unha saída: a destrución, reflexo da escisión espiritual típica do código romántico.\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003e","brand":"Librería Abrente","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644410048560,"sku":"WP4300","price":15.5,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/4379-thickbox_default-ultimas-cartas-de-jacopo-ortis-4379-e1461514044407.jpg?v=1611237287"},{"product_id":"unha-desolacion","title":"UNHA DESOLACIÓN","description":"Unha desolación (1999), a segunda obra narrativa de Yasmina Reza, contén algúns dos temas recorrentes da autora, como a figura do pai ou a presentación de problemas complexos que convidan á reflexión. Samuel, un xudeu xubilado, misóxino, afeccionado á xardinaxe e melómano, sente o peso da velleira ao tempo que goza da liberdade de expresarse sen finximento.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eUnha desolación (1999), a segunda obra narrativa de Yasmina Reza, contén algúns dos temas recorrentes da autora, como a figura do pai ou a presentación de problemas complexos que convidan á reflexión. Samuel, un xudeu xubilado, misóxino, afeccionado á xardinaxe e melómano, sente o peso da velleira ao tempo que goza da liberdade de expresarse sen finximento. O seu parlamento ten como destinatario fundamental o fillo ausente. Mais a súa mirada póusase tamén en Nancy, a súa segunda muller, na súa refinada filla, no seu neto e mesmo no pobo xudeu.En consonancia coa estrutura discursiva do relato, a autora opta por unha linguaxe directa, por romper a sintaxe e por puntuar de maneira singular. Así, o monólogo insire múltiples variantes que proveñen de voces alleas: a de Marisa Bottona, a amante da mocidade; a do veciño Léo, unha sorte de filósofo contemplativo; ou a alegre de Geneviève, a vella amiga reencontrada... Do mesmo xeito, a súa disposición fragmentaria e reiterativa vén apuntalada pola presenza de motivos recorrentes, introducidos case ao xeito de ladaíñas. Velaí pois o combate verbal e introspectivo que emprende Samuel, un home excéntrico e melancólico, de a cabalo entre o bufón misántropo e o heroe existencial.\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003e","brand":"Librería Abrente","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644411129904,"sku":"WP4262","price":14.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/4359-thickbox_default-unha-desolacion-4359-e1461514761484.jpg?v=1611237323"},{"product_id":"cando-levanten-as-bretemas","title":"CANDO LEVANTEN AS BRÉTEMAS","description":"Trátase dunha narración honesta que, mediante a combinación de diálogos simples e pasaxes descarnadas, reflicte as vivencias de varios personaxes (en especial do protagonista, Jakov Serdar) durante o cruento conflito de Bosnia\u003cbr\u003e\u003cbr\u003e\u003cdiv\u003e\n\nCando levanten as brétemas é unha das novelas de maior transcendencia da literatura croata contemporánea. No momento da súa publicación en lingua orixinal, no ano 2000, foi moi ben recibida pola crítica e o lectorado. O dito feito permitiulle ao seu autor iniciar unha carreira profesional como escritor, e á obra, espertar o interese internacional e contar con traducións ao alemán e inglés. Trátase dunha narración honesta que, mediante a combinación de diálogos simples e pasaxes descarnadas, reflicte as vivencias de varios personaxes (en especial do protagonista, Jakov Serdar) durante o cruento conflito de Bosnia; Mlakić achega unha visión persoal da contenda, pois escapa dos modelos clásicos da novela bélica para abrazar un ton case autobiográfico.\n\n\u003c\/div\u003e\n\u003cdiv\u003e\n\nDe maneira retrospectiva, coa nebulosa que adoito envolve as lembranzas, dá conta dos sucesos, sensacións e viraxes dos diversos actores que tomaron parte na guerra iniciada tras a disolución de Iugoslavia e que, ao cabo, desembocaría na creación da República de Bosnia e Hercegovina, predecesora do estado moderno homónimo.\n\n\u003c\/div\u003e\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003e","brand":"Librería Abrente","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644416667696,"sku":"WP4128","price":16.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/4280-thickbox_default-cando-levanten-as-bretemas-4280-e1461531551241.jpg?v=1611237441"},{"product_id":"mocidade-2","title":"MOCIDADE","description":"\u003cp\u003eInscríbese na chamada narrativa marítima, un xénero que Joseph Conrad apreciaba e dominaba con mestría. Trátase ademais dunha obra até certo punto iniciática na que a historia se estrutura a partir da lembranza dunha viaxe a Oriente que o protagonista, o mariñeiro Charles Marlow (o mesmo Marlow de Lord Jim,Chance ou Corazón da escuridade), rememora para gozo dos seus compañeiros.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cdiv\u003eEsta novela curta, Mocidade, foi publicada orixinalmente en lingua inglesa no ano 1898 na Blackwood's Magazine, e catro anos máis tarde como volume de seu. Inscríbese na chamada narrativa marítima, un xénero que Joseph Conrad apreciaba e dominaba con mestría. Trátase ademais dunha obra até certo punto iniciática na que a historia se estrutura a partir da lembranza dunha viaxe a Oriente que o protagonista, o mariñeiro Charles Marlow (o mesmo Marlow de Lord Jim,Chance ou Corazón da escuridade), rememora para gozo dos seus compañeiros. A partir desa sinxela premisa, o autor aproveita para trasladar á ficción unha vella travesía real súa a Bangkok, a cal supuxo o seu bautismo como aguerrido home de mar.\u003c\/div\u003e\n\u003cdiv\u003eDáse neste texto unha interesante mestura de aventura e lirismo. Difícil será que non deixe pegada nos lectores o amor pola navegación que destila cada páxina. A melancolía, o realismo e a sensación constante de perigo e ameaza que envolven o barco protagonista do relato, oJudea, farán o resto.\u003c\/div\u003e\n\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eEditorial: Hugin e Munin\u003cbr\u003eIdioma: Galego\u003cbr\u003ePáxinas: 66\u003cbr\u003eLITERATURA DO MAR\u003c\/p\u003e","brand":"JOSEPH CONRAD","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644416733232,"sku":"9788494442216","price":11.5,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/4279-thickbox_default-mocidade-4279-e1461531580453.jpg?v=1611237442"},{"product_id":"un-mapa-do-lar","title":"UN MAPA DO LAR","description":"Un mapa do lar dá conta, mediante a narración en primeira persoa, das andanzas de Nidali, unha rapaza nada por azar en Boston, froito do complexo casoiro entre un palestino e unha greco-exipcia.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eUn mapa do lar dá conta, mediante a narración en primeira persoa, das andanzas de Nidali, unha rapaza nada por azar en Boston, froito do complexo casoiro entre un palestino e unha greco-exipcia. A vida da cativa está marcada pola ocupación de Kuwait, escenario ao que se engade o campo de batalla doméstico. Nesta realidade plural, o lar sempre ausente é Palestina, a patria que Nidali albisca a partir dos mapas, das historias e das anécdotas dos avós, e que configura unha identidade arrebatada e marcada pola migración. A voz narrativa medra consonte a protagonista queima as etapas: a inxenuidade dos seus primeiros pasos no Golfo Pérsico, as implicacións de deixar atrás unha vida, co traslado a través de Iraq e Xordania a Exipto, onde cómpre comezar de novo, e a adolescente rebelde, xa en Texas, que pelexa pola súa independencia e a construción dunha identidade de seu fronte ás imposicións dun pai violento que pretende dirixir o seu destino.Alén das particularidades xeográficas e culturais —perceptibles no texto a través da inclusión de termos árabes—, a historia aborda, con humor e ironía, temas universais: as consecuencias da guerra, o espertar da sexualidade, as relacións familiares ou a entrada na madureza.\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003e","brand":"Librería Abrente","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644427350064,"sku":"WP3867","price":16.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/4130-thickbox_default-un-mapa-do-lar-4130-e1461591311181.jpg?v=1611237697"},{"product_id":"no-ceo","title":"NO CEO","description":"Ademais de plasmar a traxedia do creador perfeccionista que loita polos seus ideais e a quen a cretina sociedade condena á frustración,No ceo intérnanos na conciencia atormentada dun pintor absorbido pola súa creación.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eNo ceo, a cuarta obra narrativa que Octave Mirbeau asina co seu nome, apareceu nas páxinas de L’Écho de Paris entre setembro de 1892 e maio de 1893, e nunca contou en vida do autor cunha edición en volume independente. Impregnada dun pesimismo aciago —non en van o autor atravesaba daquela unha fonda crise persoal e literaria—, a obra evoca sen concesións o carácter tráxico da condición humana, condenada ao absurdo, á angustia existencial, á soidade e á incomunicación, a través da relación entre os seus dous personaxes principais: Georges, un escritor frustrado, e Lucien, un pintor innovador claramente inspirado en Van Gogh. Moderna e xenuína, a novela amosa a chamada estrutura en abismo —na que os diferentes relatos encaixan uns noutros—, coa introdución de varias voces narrativas, fragmentariedade intencionada e manifesto desprezo das leis da orde lóxica e cronolóxica, mesmo no seu abrupto final.Así mesmo, Mirbeau adopta unha mirada impresionista con tintes simbólicos co obxecto de contrarrestar as convencións fixadas polos escritores naturalistas en canto á obxectividade e ao realismo. Ademais de plasmar a traxedia do creador perfeccionista que loita polos seus ideais e a quen a cretina sociedade condena á frustración,No ceo intérnanos na conciencia atormentada dun pintor absorbido pola súa creación.\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003e","brand":"Librería Abrente","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644428202032,"sku":"WP3821","price":13.5,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/4100-thickbox_default-no-ceo-4100-e1461592263828.jpg?v=1611237741"},{"product_id":"noutro-planeta","title":"NOUTRO PLANETA","description":"Noutro planeta, escrito en 1896 pero que inicialmente non pasou a censura e só se publicou en 1901, con importantes fragmentos e capítulos enteiros desbotados, relata, como sinala o subtítulo, a historia da vida dos habitantes de Marte. \u003cspan style=\"color: #111111; font-family: Helvetica, 'Josefin Slab', Helvetica, Ubuntu, 'Helvetica Neue', Helvetica, Arial, sans-serif; font-size: 16.3199996948242px; font-style: normal; font-variant: normal; font-weight: 100; letter-spacing: normal; line-height: 19.2000007629395px; orphans: auto; text-align: left; text-indent: 0px; text-transform: none; white-space: normal; widows: 1; word-spacing: 0px; -webkit-text-stroke-width: 0px; display: inline !important; float: none; background-color: #ffffff;\"\u003e\u003cspan class=\"Apple-converted-space\"\u003e\n\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eNoutro planeta, escrito en 1896 pero que inicialmente non pasou a censura e só se publicou en 1901, con importantes fragmentos e capítulos enteiros desbotados, relata, como sinala o subtítulo, a historia da vida dos habitantes de Marte. No planeta vermello viven uns seres benevolentes e tecnoloxicamente moi avanzados capaces de espertar o interese de calquera. Infántiev, creador dun rico imaxinario –en varios momentos anticipatorio–, trata nestas páxinas de explicar polo miúdo os costumes marcianos e a súa integradora e xusta vida en sociedade; é evidente que tiña a intención de reproducir o ideal socialista que tantos problemas lle trouxo no persoal. En ocasións, outorgando carta branca á fantasía; outras veces cinguíndose ás leis da Física e á vida real na Terra.É unha verdadeira mágoa que a censura se asañase con esta obra, máis aínda cando ten o valor engadido de ser, xunto coa novela No océano das estrelas (1892) de Anany Lyakide, un dos primeiros textos escritos en lingua rusa cuxa acción sucede en Marte. Ten, claro, moito de divertimento, máis tamén un feixe de virtudes literarias, históricas e mesmo ideolóxicas.\n\u003cdiv id=\"custom_fields\"\u003e\n\u003ch3\u003e\u003c\/h3\u003e\n\u003c\/div\u003e\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003e","brand":"Librería Abrente","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644438589488,"sku":"WP3442","price":13.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/3895-thickbox_default-noutro-planeta-3895-e1461605672569.jpg?v=1611238073"},{"product_id":"un-amante-fantasma","title":"UN AMANTE FANTASMA","description":"O xinete do cabalo branco, Un pintor do que nunca transcende o nome enfía o relato en primeira persoa. Todo comeza cando este home, mal que ben, acepta a proposta do señor William Oke de pintar senllos retratos da súa dona e del.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eO xinete do cabalo branco, Un pintor do que nunca transcende o nome enfía o relato en primeira persoa. Todo comeza cando este home, mal que ben, acepta a proposta do señor William Oke de pintar senllos retratos da súa dona e del. A tal efecto, o artista trasládase a Okehurst, o casal da familia no condado de Kent. Unha vez alí, a súa indiferenza e desgana mudan pouco e pouco en fascinación –poida que incluso en algo máis–, sobre todo tras coñecer a enigmática señora Oke, quen garda un desconcertante parecido cunha muller do século XVII cuxo retrato se exhibe nunha das paredes da mansión.\n\nUn amante fantasma publicouse por vez primeira en lingua inglesa en 1886. Vernon Lee, nome de pluma de Violet Page, igual ca en moitas outras obras súas, opta por un narrador\nmasculino, e, tamén coma noutras pezas –especial mención merece a colección de relatos Hautings and Other Fantastic Tales, onde tamén se recolle este mesmo texto baixo o títuloOke de Okehurst ou O amante fantasma–, crea unha rica atmosfera sobrenatural, con toques góticos e vitorianos.A obra, de igual maneira ca Un conto de Nadal (1843) de Dickens ou ca a colección Ghost Stories of an Antiquary(1904) de M.R. James, é un exemplo da mellor produción da chamada ghost story inglesa. Trátase dun texto de gran fluidez, ben estruturado e que permite máis lecturas ca a do simple entretemento.\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003e","brand":"Librería Abrente","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644438622256,"sku":"WP3440","price":12.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/3893-thickbox_default-un-amante-fantasma-3893-e1461605713635.jpg?v=1611238075"},{"product_id":"kallocaina","title":"KALLOCAÍNA","description":"Kallocaína, publicada orixinalmente en 1940, é a última e máis importante novela de Karin Boye, unha autora fundamental das letras suecas, tanto na súa faceta de narradora como na de poeta. Trátase dunha novela de ciencia ficción cun evidente carácter dis\u003cspan style=\"color: #111111; font-family: Helvetica, 'Josefin Slab', Helvetica, Ubuntu, 'Helvetica Neue', Helvetica, Arial, sans-serif; font-size: 16.3199996948242px; font-style: normal; font-variant: normal; font-weight: 100; letter-spacing: normal; line-height: 19.2000007629395px; orphans: auto; text-align: left; text-indent: 0px; text-transform: none; white-space: normal; widows: 1; word-spacing: 0px; -webkit-text-stroke-width: 0px; display: inline !important; float: none; background-color: #ffffff;\"\u003etópico.\u003c\/span\u003e\u003cbr\u003e\u003cbr\u003e\u003cp style=\"border: 0px; font-family: inherit; font-size: 16.9793281555176px; font-style: inherit; font-weight: inherit; margin: 0px 0px 1.625em; outline: 0px; padding: 0px; vertical-align: baseline; color: #111111;\"\u003eKallocaína, publicada orixinalmente en 1940, é a última e máis importante novela de Karin Boye, unha autora fundamental das letras suecas, tanto na súa faceta de narradora como na de poeta. Trátase dunha novela de ciencia ficción cun evidente carácter distópico. A súa aparición é posterior en oito anos a Un feliz mundo novo, do inglés Aldous Huxley, anterior tamén en oito a 1984, a obra de referencia de George Orwell, e en once a Farenheit 451, de Ray Bradbury. Eran tempos de virulencia e totalitarismo, coa Segunda Guerra Mundial de por medio, de aí o marco no que se encadra a acción: un mundo de cidadáns soldado ao servizo do opresor e todopoderoso Estado Mundial.Por outra banda, o texto entronca coa tradición das drogas nootrópicas e psicactivas tan querida por outros grandes escritores do xénero: Philip K. Dick inventou a substancia D; George R. R. Martin, a ledihuana; e Boye, antes ca estes, discorreu a kallocaína, un soro inxectable capaz de garantir a estabilidade mundial en detrimento da autonomía do individuo. En prol dunha maior liberdade interpretativa para o lector, cabe tan só adiantar que a trama xira ao redor das reflexións do científico Leo Kall, un home confuso, desacougado e reflexivo, ao seu pesar.\u003c\/p\u003e\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003e","brand":"Librería Abrente","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644449009712,"sku":"WP3078","price":15.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/3702-thickbox_default-kallocaina-3702-e1460717618802.jpg?v=1611238381"},{"product_id":"o-xinete-do-cabalo-branco","title":"O XINETE DO CABALO BRANCO","description":"Novela curta escrita en lingua alemá por Theodor Storm, veu a luz por vez primeira en 1888 . O histórico territorio da Frisia setentrional sérvelle ao autor como marco para a reconstrución dunha lenda popular transmitida de xeración en xeración: cóntase que unha figura espectral cabalga sobre as marismas ao lombo da súa montura durante as noites de temporal. \u003cspan style=\"color: #111111; font-family: Helvetica, 'Josefin Slab', Helvetica, Ubuntu, 'Helvetica Neue', Helvetica, Arial, sans-serif; font-size: 16.3199996948242px; font-style: normal; font-variant: normal; font-weight: 100; letter-spacing: normal; line-height: 19.2000007629395px; orphans: auto; text-align: left; text-indent: 0px; text-transform: none; white-space: normal; widows: 1; word-spacing: 0px; -webkit-text-stroke-width: 0px; display: inline !important; float: none; background-color: #ffffff;\"\u003e\u003cspan class=\"Apple-converted-space\"\u003e\n\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eO xinete do cabalo branco, novela curta escrita en lingua alemá por Theodor Storm, veu a luz por vez primeira en 1888 nas páxinas da revista Deutsche Rundschau. O histórico territorio da Frisia setentrional sérvelle ao autor como marco para a reconstrución dunha lenda popular transmitida de xeración en xeración: cóntase que unha figura espectral cabalga sobre as marismas ao lombo da súa montura durante as noites de temporal. Así é como Storm eloxia o que ama, isto é, a paisaxe gris, hostil e fermosa da terra que o veu nacer, onde a natureza se moldea a partir de diques e areallo.Unha obra, pois, con substanciosos elementos de superstición, vangloria, folclore e fantasía, así como un dobre marco narrativo que dá moito xogo; o lector chegará a través do relato do vello mestre á historia de Hauke, quen aló polo século XVII se afanara en loitar contra a natureza para erixir un gran dique que permitise gañarlle unha lingua de terra ao mar. Trátase, en definitiva, dun dos mellores textos literarios do século XIX, e como tal resulta ben difícil de etiquetar; poida que o acaído sexa cualificalo como unha amálgama conmovedora elaborada a partir dos códigos costumistas, dos realistas e mesmo de certas pinceladas do que anos despois daría en chamarse naturalismo.\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003e","brand":"Librería Abrente","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644449042480,"sku":"WP3076","price":13.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/3701-thickbox_default-o-xinete-do-cabalo-branco-3701-e1461743712258.jpg?v=1611238382"},{"product_id":"a-infancia-dun-xefe","title":"A INFANCIA DUN XEFE","description":"Apareceu por vez primeira na compilación intitulada Le Mur (1939). Para desgraza de personaxes tan sinistros coma o pronazi Robert Brasillach, que cualificou a obra de aburrida e malsá, acadou un éxito notable, entre outras razóns pola habilidade indiscutible do autor para plasmar fielmente o ambiente convulso que precedeu ao auxe do\nfascismo e moitas das inquietudes do seu tempo\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eA infancia dun xefe apareceu por vez primeira na compilación intitulada Le Mur (1939). Para desgraza de personaxes tan sinistros coma o pronazi Robert Brasillach, que cualificou a obra de aburrida e malsá, acadou un éxito notable, entre outras razóns pola habilidade indiscutible do autor para plasmar fielmente o ambiente convulso que precedeu ao auxe do\nfascismo e moitas das inquietudes do seu tempo. Trátase dunha novela curta de formación, onde o muro ou parede non é físico senón psicolóxico, alzado entre Lucien, o antiheroe protagonista chamado a suceder o seu pai á fronte dunha fábrica, e o mundo que o arrodea. Con estes vimbios, Sartre foi quen de artellar unha suxestiva e inquietante historia de corte psicolóxico na que confronta o colectivo co individual, sempre dende unha perspectiva crítica para cos conservadorismos e as ataduras da época.Non é casual polo tanto que esta senlleira novela de Jean-Paul Sartre recibise un ano despois de publicada o Premio Populista, que dende 1929 recompensa anualmente unha obra francesa de ficción que «prefira xente do común como personaxes e ambientes populares como escenario, e en cuxa trama se perciba unha verdadeira humanidade».\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003e","brand":"Librería Abrente","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644460576816,"sku":"WP2627","price":12.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/3454-thickbox_default-a-infancia-dun-xefe-3454-e1461957812686.jpg?v=1611238783"},{"product_id":"historia-dunha-granxa-africana","title":"HISTORIA DUNHA GRANXA AFRICANA","description":"\u003cp\u003eHistoria dunha granxa africana, publicada por vez primeira en lingua inglesa en 1883 e encomiada de maneira recente por Doris Lessing ou Coetzee, é a obra máis coñecida e estudada de Olive Schreiner, unha escritora ineludible das letras de África do Sur.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eHistoria dunha granxa africana, publicada por vez primeira en lingua inglesa en 1883 e encomiada de maneira recente por Doris Lessing ou Coetzee, é a obra máis coñecida e estudada de Olive Schreiner, unha escritora ineludible das letras de África do Sur. O texto presenta un feitío realista, con pinceladas do tradicionalismo e o racionalismo do século XIX no mundo anglosaxón. A nivel estrutural, é unha novela rica en recursos narratolóxicos —cartas, soños, sermóns, cancións populares, himnos...— e amosa unha solidez que contrasta cun dos seus temas principais: a fraxilidade dos seres humanos. Por outra banda, cabe sinalar o denso pouso alegórico de certas pasaxes, talvez o meirande empezo para os lectores de hoxe.O escenario da historia é unha granxa bóer na semidesértica rexión do Karoo. É alí onde transcorre a infancia de Em, Lyndall e Waldo, dúas nenas e un neno que medran nun mundo inhóspito e cheo de limitacións por mor da relixión, das duras condicións de vida ou do rol reservado ás mulleres. Non hai polo tanto paisaxes exóticas ou idealizadas nin aventuras extravagantes, senón o desencanto e a mirada crítica —tamén colonial, cómpre non enganarse— sobre un mundo no que rara vez os soños lle gañan a partida á crueldade\u003cbr\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e____\u003cbr\u003eEditorial: Hugin e Munin 12-2024\u003cbr\u003eIdioma: Galego\u003cbr\u003ePáxinas: 364\u003c\/p\u003e","brand":"Librería Abrente","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644460609584,"sku":"WP2625","price":15.5,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/3453-thickbox_default-historia-dunha-granxa-africana-3453-e1461957836263.jpg?v=1611238785"},{"product_id":"servizo-de-correos","title":"SERVIZO DE CORREOS","description":"Henry Chinaski, alter ego do autor, é un tipo peculiar que consegue traballo como carteiro do Servizo Postal dos Estados Unidos, máis concretamente nunha estafeta de Los Angeles. Isto representará para el, máis que nada, desventuras, rifas e os berros irados dos seus superiores. Non obstante, Chinaski segue ao seu: o alcohol, as mulleres e mais as visitas ao hipódromo\u003cbr\u003e\u003cbr\u003e\u003cdiv class=\"product_description\"\u003e\n\nHenry Chinaski, alter ego do autor, é un tipo peculiar que consegue traballo como carteiro do Servizo Postal dos Estados Unidos, máis concretamente nunha estafeta de Los Angeles. Isto representará para el, máis que nada, desventuras, rifas e os berros irados dos seus superiores. Non obstante, Chinaski segue ao seu: o alcohol, as mulleres e mais as visitas ao hipódromo. Entre medias, hai tempo tamén para divorcios, funerais e outros avatares.\n\n\u003c\/div\u003e\n\u003cdiv class=\"single_additional_description\"\u003e\n\nCun ton divertido pero deprimente, o autor norteamericano de culto tece nesta obra, \u003cem\u003eServizo de Correos\u003c\/em\u003e, a que se cadra é a súa novela máis completa, onde contrasta a sinxeleza e mesmo podería dicirse que simplismo narrativo coa complexa visión que sen dúbida tanto Chinaski como Bukowski teñen das relacións humanas, as cales case sempre resultan en fracaso.\n\n\u003c\/div\u003e\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003e","brand":"Librería Abrente","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644464541744,"sku":"WP2399","price":16.5,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/3327-thickbox_default-servizo-de-correos-3327-e1460662501321.jpg?v=1611238984"},{"product_id":"cita-con-rama","title":"CITA CON RAMA","description":"O avanzado sistema de detección de asteroides avisa da entrada dun corpo pouco común no Sistema Solar. É Rama, un desconcertante cilindro de dezaseis quilómetros de largo por cincuenta de longo, que avanza a gran velocidade.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003e\u003cdiv\u003e\n\nO avanzado sistema de detección de asteroides avisa da entrada dun corpo pouco común no Sistema Solar. É Rama, un desconcertante cilindro de dezaseis quilómetros de largo por cincuenta de longo, que avanza a gran velocidade.\n\n\u003c\/div\u003e\n\u003cdiv\u003e\n\nReunido o comité de expertos, tómase a decisión de interceptalo. A nave tripulada de vixilancia espacialEndeavour será a encargada de ir ao encontro do visitante. O comandante Norton, un home elegante e comedido, lidera a que será unha expedición inédita na historia da humanidade. Rama abandona o seu letargo de milenios.\n\n\u003c\/div\u003e\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003e","brand":"Librería Abrente","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644464607280,"sku":"WP2395","price":17.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/3325-thickbox_default-cita-con-rama-3325-e1460662560710.jpg?v=1611238988"},{"product_id":"locus-solus","title":"LOCUS SOLUS","description":"Un destacado científico e inventor, Martial Canterel, alter ego do propio Roussel, recibe a visita dunha serie de colegas e amigos aos que guía durante un demorado paseo pola súa propiedade, o parque Locus Solus. \u003cspan style=\"color: #111111; font-family: Helvetica, 'Josefin Slab', Helvetica, Ubuntu, 'Helvetica Neue', Helvetica, Arial, sans-serif; font-size: 16px; font-style: normal; font-variant: normal; font-weight: 100; letter-spacing: normal; line-height: 19.2000007629395px; orphans: auto; text-align: left; text-indent: 0px; text-transform: none; white-space: normal; widows: auto; word-spacing: 0px; -webkit-text-stroke-width: 0px; display: inline !important; float: none; background-color: #ffffff;\"\u003e\u003cspan class=\"Apple-converted-space\"\u003e\n\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eUn destacado científico e inventor, Martial Canterel, alter ego do propio Roussel, recibe a visita dunha serie de colegas e amigos aos que guía durante un demorado paseo pola súa propiedade, o parque Locus Solus. Conforme avanza a xornada o anfitrión amósalles as súas invencións, que espalladas polo xardín a modo de marabillas, presentan uns niveis de complexidade e estrañeza cada vez maiores.\n\nLocus Solus, publicada orixinalmente en 1914, é unha das novelas máis estrañas da literatura universal. Está escrita a partir das técnicas narrativas inventadas por Roussel, onde desempeñan un papel importante os xogos de palabras.O texto, alicerzado sobre repeticións e diversas acumulacións de palabras á maneira das parénteses nos cálculos alxébricos, está considerado unha obra mestra da desestruturación. A voz de Roussel representa a independencia máis absoluta en confrontación co canon literario. Así llo recoñeceron Gide, Giacometti, Perec, Duchamp, Éluard, Breton, Foucault... É difícil falar das vangardas, especialmente do surrealismo, sen destacar a influencia que sobre estas tivo Locus Solus.\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003e","brand":"Librería Abrente","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644464705584,"sku":"WP2389","price":16.5,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/3322-thickbox_default-locus-solus-3322-e1460662891858.jpg?v=1611238994"},{"product_id":"angel-esquire","title":"ANGEL ESQUIRE","description":"O vello e millonario Reale morre sen revelar a combinación da singular caixa forte onde atesoura unha inmensa fortuna; porén, deixa un criptograma de cuxa solución depende o destino final desta. \u003cspan style=\"color: #111111; font-family: Helvetica, 'Josefin Slab', Helvetica, Ubuntu, 'Helvetica Neue', Helvetica, Arial, sans-serif; font-size: 16px; font-style: normal; font-variant: normal; font-weight: 100; letter-spacing: normal; line-height: 19.2000007629395px; orphans: auto; text-align: left; text-indent: 0px; text-transform: none; white-space: normal; widows: auto; word-spacing: 0px; -webkit-text-stroke-width: 0px; display: inline !important; float: none; background-color: #ffffff;\"\u003e\u003cspan class=\"Apple-converted-space\"\u003e\n\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eO vello e millonario Reale morre sen revelar a combinación da singular caixa forte onde atesoura unha inmensa fortuna; porén, deixa un criptograma de cuxa solución depende o destino final desta. De acordo coa vontade do finado, catros son as persoas autorizadas a resolver o verso xeroglífico. Velaí comeza, para gozo do lector, a competición entre destinatarios, unha carreira non sempre exenta de artimañas que Angel Esquire, membro de Scotland Yard, seguirá moi de preto.\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003e","brand":"Librería Abrente","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644464738352,"sku":"WP2387","price":14.75,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/3321-thickbox_default-angel-esquire-3321-e1460662936790.jpg?v=1611238995"},{"product_id":"venecias","title":"VENECIAS","description":"A presente é unha compilación xenial e caótica das lembranzas e vivencias do home e do diplomático ao longo dun percorrido de sesenta anos.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003e\u003cp style=\"border: 0px; font-family: inherit; font-size: 17px; font-style: inherit; font-weight: inherit; margin: 0px 0px 1.625em; outline: 0px; padding: 0px; vertical-align: baseline; color: #111111;\"\u003eA presente é unha compilación xenial e caótica das lembranzas e vivencias do home e do diplomático ao longo dun percorrido de sesenta anos. Xa octoxenario, a vontade de Morand foi crear coa súa obra un espazo de diálogo consigo mesmo, no marco dunha cidade incomparable.Si, hai recordos –moitos–, mais tamén e sobre todo o autor dá conta dunha época, dun estilo de vida, dunha concepción da arte, dunhas conviccións e dunhas crenzas que hoxe a duras penas se manteñen, ou cando menos non expostas ao ollo público. Venecias é polo tanto unha peza de difícil catalogación, o balance dunha existencia.\u003c\/p\u003e\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003e","brand":"Librería Abrente","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644466114608,"sku":"WP2329","price":15.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/3292-thickbox_default-venecias-3292-e1469726749445.jpg?v=1611239055"},{"product_id":"o-forasteiro-misterioso","title":"O FORASTEIRO MISTERIOSO","description":"A finais do século XVI, nunha aldea de Austria, tres rapaces baten cun misterioso forasteiro que se presenta como Satanás\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eA finais do século XVI, nunha aldea de Austria, tres rapaces baten cun misterioso forasteiro que se presenta como Satanás. Axiña xorde entre os catro un certo vínculo de familiaridade, e os tres aldeáns observan abraiados como o seu novo compañeiro demostra ter capacidade abonda para influír naquilo que se propoña, o cal xera non poucos conflitos. O caos moral é considerable, pero en todo caso unha cousa parece clara: Satanás provoca co seu inaudito comportamento que os rapaces reflexionen sobre a futilidade de canto lle acontece á raza humana.Da man do forasteiro, o mozo protagonista, Theodor Fischer, saberá das atrocidades cometidas polo home ao correr dos séculos: torturas, inxustizas, infamias, crueldades, vilezas, covardías, falsidades... A luz que Satanás deita sobre a historia da humanidade revélaa como un auténtico pesadelo. En boa medida esta obra supón unha análise filosófica, moi ao estilo de Twain, da hipocrisía imperante, sen distinción de épocas\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003e","brand":"Librería Abrente","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644466212912,"sku":"WP2327","price":14.75,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/3291-thickbox_default-o-forasteiro-misterioso-3291-e1469726773720.jpg?v=1611239057"},{"product_id":"a-asasina","title":"A ASASINA","description":"Unha pequena illa grega, Skiathos, e unha muller de sesenta anos, Khadula, son os dous piares sobre os que Alexandros Papadiamandis asenta a súa desconcertante novela A asasina, unha obra publicada orixinalmente en 1903 que a día de hoxe é considerada de forma unánime pola crítica unha obra mestra das letras gregas.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eUnha pequena illa grega, Skiathos, e unha muller de sesenta anos, Khadula, son os dous piares sobre os que Alexandros Papadiamandis asenta a súa desconcertante novela A asasina, unha obra publicada orixinalmente en 1903 que a día de hoxe é considerada de forma unánime pola crítica unha obra mestra das letras gregas. A novela móstranos unha sociedade pobre, ensumida na penuria, sen esperanzas de ningún tipo, que habita un medio natural hostil, aínda que dunha beleza abraiante, onde, ao igual que na traxedia grega, o asasinato pode chegar a contemplarse como saída inevitable.Esta é, antes que nada, unha novela psicolóxica maxistralmente articulada, que foxe de axuizamentos e afonda na angustia do ser humano ante circunstancias extremas da vida. Trátase, en síntese, dunha obra magna da literatura grega contemporánea que logra conmover e sorprender. Máis dun cento de anos despois de ser escrita,A asasina non perdeu un ápice de vixencia.\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003e","brand":"Librería Abrente","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644467294256,"sku":"WP2295","price":15.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/3274-thickbox_default-a-asasina-3274-e1469727242661.jpg?v=1611239083"},{"product_id":"o-castelo-dos-carpatos","title":"O CASTELO DOS CÁRPATOS","description":"Jules Verne artella O castelo dos Cárpatos a modo de sátira das crenzas e supersticións populares, o cal non empece que nalgúns andeis o libro apareza catalogado dentro do xénero terror. Secasí, é innegable o toque gótico da historia, inzada de castelos, alxubes, pasadizos ou aparicións.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eJules Verne artella O castelo dos Cárpatos a modo de sátira das crenzas e supersticións populares, o cal non empece que nalgúns andeis o libro apareza catalogado dentro do xénero terror. Secasí, é innegable o toque gótico da historia, inzada de castelos, alxubes, pasadizos ou aparicións. Con todo, o seu durame confórmase tamén cos códigos dos relatos de aventuras e mesmo cos da narración científica para desembocar, na fin de contas, nunha exaltación do racionalismo.Igual ca moitas outras obras do autor francés, o texto orixinal foi publicado por entregas na revista Magasin d'Education et de Récréation. Corría o ano 1892, e dende aquela primeira saída do prelo, a novela non deixou de recoller boas críticas e de ser reeditada, traducida a diversas linguas e adaptada a múltiples formatos, tal como a televisión, o cinema, a banda deseñada ou a ópera. Publicada case cinco anos antes ca o Drácula do escritor irlandés Bram Stoker, o libro de Verne avanza a atmosfera que chegaría a perfilar a Transilvania do imaxinario colectivo, mesmo até os nosos días. Mais, a diferenza da obra mestra de Stoker, o xenio francés coloca nun lugar preponderante a ciencia e a tecnoloxía.\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003e","brand":"Librería Abrente","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644467884080,"sku":"WP2261","price":14.5,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/3257-thickbox_default-o-castelo-dos-carpatos-3257-e1469727770278.jpg?v=1611239120"}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/collections\/images_c7279ee2-9917-42c5-8963-40a6f29bed24.jpg?v=1794593274","url":"https:\/\/libreriaabrente.es\/collections\/hugin-e-munin.oembed?page=2","provider":"Librería Abrente","version":"1.0","type":"link"}