Ir a contenido
Gastos de envío para Galicia y España 4.45 €!
Gastos de envío 4.45€!

O OUTRO VENTO.

€16,00
ISBN 9788412948967

HISTORIAS DE TERRAMAR VI

O esconxurador Amieiro teme durmir. A súa amada esposa morreu e, en soños, chama por el á terra dos mortos, onde a herba murcha, as estrelas nunca se moven e os amantes vagan sen se coñecer. Desde entón, os mortos atraen a Amieiro cara a eles polo noite, pregándolle polo súa liberación.
Amieiro busca o consello de Ged, o antigo arquimago, quen lle di que acuda a Tenar, Tehanu e o rei novo en Havnor. Úneselles Irian, un feroz dragón capaz de adoptar a forma dunha muller. A ameaza só se poderá enfrontar na Fraga Inmanente de Roke, o lugar máis sagrado do mundo e, alí, o rei, o horoe, o sabio, o feiticeiro e o dragón librarán a súa derradeira batalla.

O outro vento é a derradeira entrega da saga de fantasía Historias de Terramar, de Ursula K. Le Guin. Neste volume os mortos atraen aos vivos pola noite, pregándolles pola súa liberación. Serán o esconxurador Amieiro, Tenar, Tehanu, o novo rei de Havnor e Irian quen enfronten a ameaza na Fraga inmanente de Roke. Non perdas […]

Ursula Kroeber Le Guin, nada en Berkeley, California, o 21 de outubro de 1929 e finada o 22 de xaneiro de 2018, foi unha escritora estadounidense de ciencia ficción e fantasía. Escribiu poesía, libros infantís e ensaios, e incluso traduciu obras doutros autores dende o chinés e o español. Así e todo, debe a súa fama ó numeroso caudal de libros e contos de ciencia ficción e fantasía publicados ó longo da súa carreira con varios premios Hugo e Nébula. Foi a única muller que ata a data foi galardoada co título de Gran Mestra pola Asociación de escritores de ciencia ficción e fantasía dos Estados Unidos (SFWA). 
Considerabase unha feminista anarquista e taoísta.l
  

____

Editorial: Boadicea 06-2025 
Idioma: Galego
Páxinas: 247
NARRATIVA FICCIÓN