Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

VIXILADOS

€19,00
ISBN WP3278
Represión, investigación e vixilancia na Galiza da Guerra Civil (1936-1939). Galicia, ao igual que noutras zonas de España onde trunfa o golpe, todos e todas son sospeitosos. A creación do ‘Nuevo Estado’ foi un proceso cheo de liñas a construír. O novo Estado totalitario que se estaba a crear tivo o seu mellor campo de probas para o remate da guerra nas zonas controladas dende os primeiros días.

A captura e recollida de información tivo un papel determinante na construción do ‘Nuevo Estado’, e por en consecuencia, do mesmo réxime franquista. Toda a sociedade tiña que estar baixo sospeita. E aquí non se fai distinción, aínda que é certo que na aplicación das penas ou castigos non ten punto de comparación. Mais o obxectivo dos sublevados era dar a sensación de que o Estado era unha especie de ‘gran hermano’ vixiante. Non se admitía o debate, nin a discrepancia, nin a controversia. Todo era oficial. Só había unha única opinión, amplificada logo nunha cadea social de trasmisión xerarquizada… A autoconciencia de formar parte deste engrenaxe social, auspiciada e fomentada dende as altas instancias, foi fundamental para entender un xeito de funcionamento tan prolongado no tempo da ditadura. Cadaquén tiña o seu papel nesta nova sociedade. Mais o modelo non podía ser cuestionado, porque non había outro, non había alternativa… Este traballo vai cara ás novas xeracións educadas na cultura democrática actual aos que cando se lles fala do franquismo lles queda moi, moi lonxe. Precisamente por iso, o seu afastamento permite difundir a través dos medios certas imaxes desfiguradas e desenfocadas do que representaron aqueles corenta anos na historia do século XX español. De feito, boa parte deste equipo investigador pertence a esas novas xeracións. Novos historiadores, novas formulacións e sobre todo, o afastamento da percepción daquela realidade. Porque disto fala a obra: de perdas e de achados. Dunha sensación de normalidade difundida insistentemente durante aqueles anos que agachaba unha realidade distinta, dramática e cruel. Unha marca de imaxe do franquismo de ‘paz social’ aparente, mais non real.

"Limiar" de Emilio Grandío Seoane,

 


____