VIGO GRESÍTICO UN PASEO POLA ARQUITECTURA VIGUESA DOS ANOS SESENTA DO SÉCULO XX
Este libro fala sobre unha cidade de Vigo descoñecida, invisible e a piques de desaparecer. Trátase da cidade xurdida nos anos do grande crecemento demográfico e inmobiliario da metade do século XX, cunha arquitectura comercial urbana que amosa unha imaxe, no exterior, achegada por un modesto material de revestimento de fachada colorista, controvertido e sorprendente: o gresite; un material inicialmente pensado para revestir piscinas, e que neses anos saíu á superficie dos edificios para achegar unha imaxe de ômodernidadeö. O autor proponnos un paseo por esta cidade para descubrir e identificar edificios ôgresíticosö, que aínda subsisten, pero que pronto quedarán ocultos por outras capas da historia.
____
Editorial: Instituto de Estudios Vigueses 03-2024
Idioma: Galego