Analizase como achegas deste autor ao eido da educación en xeral e, en particular, ao da construción e desenvolvemento dp proxecto da escola e da transformación da sociedade galega, esntendendo a formación como un factor de cambio.
Nesta extensa obra, estruturada en sete capítulos ou apartados, trátase de profundar nas implicacións de Vicente Ris-co (1882-1963) no ámbito educativo ao que dedicou a súa vida profesional dende a súa incorporación como profesor de Historia á Escola Normal de Mestres de Ourense, en 1916. Certamente estamos ante un perso-naxe complicado e complexo por mor da súa traxectoria ideolóxica que transitou por controvertidas etapas políticas que con-dicionaron as actuacións dun home que como el dicía “as cousas do mundo son asegún” e que “ser diferente e ser existen-te”; ou mesmamente, parafraseando a Or-tega y Gasset, recoñecía que “la época es parte importantísima de sus circunstancias (y de la nuestra)”.Indubidablemente, a súa participación nos proxectos galeguistas non foi por igual, nalgunhas cousas tivo máis intervencións ca noutras. Non obstante, a súa presenza é clara e a súa colaboración estreita. Ris-co, como un dos pensadores máis grandes que deu Galicia, abarcando o seu saber aos máis diversos eidos, fixo achegas importan-tes no contexto histórico-social e educativo galego, tanto a nivel individual como dende organizacións culturais e políticas. Cunha postura por veces mesiánica, dentro do galeguismo entendido coma un concepto globalizado no que interveñen todos os fac-tores sociais, estudou de forma reflexiva o mundo rural, as parroquias, a emigración, a política e o nacionalismo galego. Así mesmo fixo unha análise integral da cultura sobre a provincia de Ourense e o modo de vivir do pobo galego, especialmente nas súas capas máis humildes.A obra comeza cunha referencia á de-licada infancia de Risco, á súa familia e os espazos vitais polos que transcorre (algúns deles en compaña do tamén neno Ramón Otero Pedrayo, algo máis novo ca el) con notas que nos achegan á súa crianza e formación, nas que se recollen datos que nos permiten coñecer a vida social ourensá da época....
Xosé Manuel CID FERNÁNDEZ
U Vigo
_____
Editorial: Deputación de Ourense 2015
Idioma: Galego