Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

TORRES, VARAS E DEMOS. OS IRMANDIÑOS DA RÍA MUROS-NOIA

€13,00
ISBN WP3330
Nesta obra investígase a grande revolta irmandiña na ría Muros-Noia, con especial atención ao desaparecido castelo de Outes, obxecto das iras xusticieiras e demoledoras dos campesiños e cidadáns dos seus arredores.

Amósase que, malia a crenza xeral naquel entón de que a Santa Irmandade caera do ceo para combater aos cabaleiros do demo, a rebelión social de 1467 ten tamén os seus antecedentes e consecuentes nas vilas e parroquias dos actuais concellos de Noia, Muros, Outes e Lousame. Tradición de revolta onde podemos admirar, por exemplo, a finura política da elite irmandiña cando se albisca, en 1469, o retorno señorial. Revísase e actualízase, xa que logo, a historia da Baixa Idade Media nos portos occidentais de Compostela, e nos seus alfoces, desde un enfoque historiográfico, social, político e imaxinario, que procura devolver á xente común ao centro da vida histórica.

____