O xornalista José Luis Estévez reúne nestas páxinas os fitos dunha vida consagrada a loitar pola democracia e as libertades: é a “memoria dunha resistencia”, a do exconcelleiro compostelán Luis Pasín Liñares (Santiago, 1934), membro dunha familia mancada a fondo polo franquismo e que representou, na transición, un novo xeito de facer política.
Despois de longas horas de conversa co exconcelleiro de Compostela Luis Pasín Liñares (Santiago, 1934), o xornalista José Luis Estévez reúne nestas páxinas os fitos dunha vida consagrada a loitar pola democracia e as liberdades. Pasín: memoria dunha resistencia (Alvarellos Editora, 2021) relata os durísimos anos da posguerra, cando a ditadura mancou a fondo a familia Pasín Noya; detense logo, xa na década dos sesenta, na acción política do protagonista, centrada na defensa da veciñanza do seu barrio de Conxo; e xa, na transición democrática, cando chegou o momento das liberdades, e Pasín pasa a formar parte da corporación municipal, inicialmente elexido nas listas do PCG e despois integrado como independente nos gobernos de Xerardo Estévez e Xosé Sánchez Bugallo.
Luis Pasín representa, sobre todo, un xeito novo de facer política, onde a procura do consenso e o entendemento primaron sempre na súa acción pública.
O libro fai un percorrido pola súa traxectoria vital e política, na que foi protagonista tanto da resistencia antifranquista en Compostela como dos primeiros intentos da esquerda local por acceder ás institucións democráticas e do traballo na corporación como concelleiro durante 24 anos, tanto no goberno como na oposición.
A obra inclúe unha galería fotográfica que supón unha singular e áxil crónica en imaxes da vida en Santiago de Compostela durante máis de oitenta anos. Nela aparecen destacados persoeiros que Pasín coñeceu ao longo da súa traxectoria, como Isaac Díaz Pardo, Rafael Alberti, Fidel Castro, Santiago Carrillo, Antonio Machín, Emilio Pérez Touriño ou Vicente Álvarez- Areces.
Ilustrado con imaxes inéditas.
_____
Editorial: Alvarellos
Idioma: Galego