Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

PASADO ARRINCADO. LUGARES DE MEMORIA DEMOCRÁTICA EN GALICIA

por VV AA
€29,75
ISBN 9788411761901

   Memorias Vivas
Patrimonio e espazos da memoria democrática en Galicia: Franquismo e Transición
Pasado presente. Rotas da memoria democrática galega.

Un espazo. Un recordo. Os lugares de memoria son por riba de todo espazos físicos, tanxibles, que se enchen de contido. Os artigos que compoñen este libro son unha escolma simbólica do traballo que aínda queda por facer no ámbito desta recuperación. Un Pasado arrincado que esquecemos, en parte porque faltan preguntas.
O proxecto ten a vontade de mellorar o enfoque interpretativo nesta temáti-
ca, ampliando o recordo tanto sobre o que nos lembra a violencia represiva como sobre o que sirva para sementar a conciencia de construción dun futuro en colectivo; dos traballos, do compromiso de moita xente que fica invisible.
Un coñecemento colectivo que non debe ser estático, porque co estudo sobre o pasado aprendemos sobre nós mesmos: na nosa calidade colectiva como sociedade democrática.

O Grupo de Investigación HISPONA (Historia Política e dos Nacionalismos) é un equipo de investigación da Universidade de Santiago de Compostela, situado entre os de maior produción científica da institución no ámbito das Humanidades. Os seus membros centran os seus estudos en aspectos políticos, culturais e sociais do mundo urbano do século XX, o que se concreta nas seguintes liñas de estudo: nacionalismos e procesos de nacionalización en España e Galicia; historia social e cultural da guerra e da violencia en España e Europa no século XX; Guerra Civil e primeiro franquismo: conflito, violencia e represión; políticas da memoria no século XX; migracións e cambio social en España e Galicia; partidos, ideoloxías e dinámicas sociopolíticas en España e Galicia; e historiografía e nacionalismo, séculos XIX e XX.

O interese que nos últimos anos os nosos investigadores prestaron ás cuestións da violencia, o conflito e a represión dende o golpe de Estado de 1936 e a das políticas de memoria no século pasado, levounos a participar en distintos proxectos de gran relevancia pública en Galicia. Un deles foi Nomes e Voces (2007-2013), que deu lugar a unha base de datos referencial sobre as vítimas da represión en Galicia, dispoñíbel en liña e cunha grande difusión. Destacan tamén os proxectos Xeración Perdida Coruña (2017) e Xeración Perdida Pontevedra (2018), cos que se puido identificar case seiscentos concelleiros da Segunda República vítimas da violencia golpista, xerando bases de datos accesíbeis en rede e varias publicacións. Por último, destácanse os informes históricos sobre o proceso de apropiación por parte da familia Franco do Pazo de Meirás (2018), a Casa Cornide (2020) e as estatuas do Mestre Mateo procedentes do Pórtico da Gloria (2021).

___

Editorial: Galaxia 02-2024
Idioma: Galego