PARROQUIA DE SANTA BAIA DE MEIRA. CONCELLO DE MOAÑA.
€15,00
ISBN 9788484574545
Inicia o percorrido pola historia da parroquia coa linaxe dos Meira no 1173 e abrangue ata a actualidade.
Parroquia de Santa Baia de Meira" está estruturado en dezanove capítulos que van percorrendo cronoloxicamente as diferentes etapas históricas da parroquia. Así, da linaxe dos Meira, vai pasando polas guerras irmandiñas, os primeiros pasos da xurisdición do Morrazo, a criación do vizcondado de Meria ou as incidencias da batalla de Rande. Este percorrido tamén recolle as características económicas e a súa evolución, como poden ser o declive da pesca de baixura, a desaparición das industrias familiares de cordoerías ao cambiar o cánabo tradicional polas fibras sintéticas a finais da década de 1970, ou a influenza da construción de novas vías de comunicación na contorna como poden ser a vía rápida ou a Ponte de Rande. Inclúe, ademais, unha relación con imaxes dos Bens de mérito artístico e cultural na parroquia.
Idioma: Gallego
____
Editorial: Autor-EditorIdioma: Gallego