OUTROS VERBOS, NOVAS LECTURAS: VALLE-INCLÁN TRADUCIDO (1906-1936)
por Librería Abrente
€6,00
ISBN WP1919
Catálogo da exposición:
Outros verbos, novas lecturas: Valle-Inclán traducido (1906-1936)
Na súa celebrada conferencia “Galicia y Valle-Inclán”, pronunciada na Habana en 1939, Alfonso R. Castelao afirmou que Ramón María del Valle-Inclán é un “fillo do Rexurdimento literario de Galicia”.
Na súa celebrada conferencia “Galicia y Valle-Inclán”, pronunciada na Habana en 1939, Alfonso R. Castelao afirmou que Ramón María del Valle-Inclán é un “fillo do Rexurdimento literario de Galicia”. Con esta xornada, na que participan estudosos de referencia inescusable, o Consello da Cultura Galega pretende deitar luz sobre o seu legado afondando na dimensión internacional de Valle-Inclán no seu tempo, a través das traducións da súa obra realizadas en vida do autor; así mesmo, estas conferencias serven de preludio á inauguración da exposición Outros verbos, novas lecturas: Valle-Inclán traducido [1906-1936]. Confiamos en que ambas as actividades permitirán ver con outros ollos a figura de Valle-Inclán, un autor tan intemporal coma sometido ao imperio da súa época, e, neste caso, facer presente a “materia de Galicia”, que foi a alforxa onde atopou a maioría dos seus dardos literarios.

____