Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

OS IRMÁNS SACO

€12,50
ISBN WP3308
Todas as tendencias políticas e sindicais sufriron dos longos anos de represión franquista. Eis tamén o caso dos irmáns Cesáreo e Camilo Saco, perseguidos por mor de actividades ligadas ao Partido Galegusita. Cesáreo foi toda unha personalidade senlleira do nacionalismo galego na clandestinade, até convertelo en protagonista de diversos intentos de reorganización política do galeguismo.

Mesmo chegou a contactar coas novas xeracións que pulularon pola renovación do nacionalismo galego en claves marxistas dende 1963, ao se inserir no proxecto fundacional do Partido Socialista Galego. Tanto Camilo como Cesáreo exerceron de mestres xeracionais, e proxectos renovadores como "Escola Aberta" servíronse da experiencia manifesta de Cesáreo Saco en defensa da lingua e da identidade Galegas.

____