Inspirada nas experiencias vitais de Silvio Santiago, Osilencio redimido narra os acontecementos máis tráxicos da Guerra Civil vividos polos que sufriron a brutal represión de sinistros personaxes que, amparados pola forza, mostraron o seu desprezo pola dignidade humana, e que converten esta obra nun canto á fraternidade e unha denuncia da barbarie e a degradación á que poden chegar os seres humanos.
Unha novela de lembranzas na que o autor relata as súas experiencias de preso e fuxitivo ao comezo da Guerra Civil.
Silvio Santiago realizou neste libro unha crónica novelada dunha parte moi importante da súa vida e dos galegos e españois que viviron a contenda civil. Publicada logo da morte do seu autor, esta novela obtivo un gran éxito por parte dos lectores.
Premio da Crítica no ano 1977.
____
Editorial: Galaxia 11-2025
Idioma: Galego
Páxinas: 266
NARRATIVA
GUERR CIVIL E RESISTENCIA