No século XX o mar de Vigo viu perecer a centos de persoas en máis de seiscentos accidentes marítimos rexistrados tanto na ría de Vigo como nas súas inmediacións.
Embarcacións militares como a canoneira Condor; vapores como Berlín; trasantlánticos como o Veronese, o Siboney, ou o Hammonia; lanchas de pasaxe como a Monchiña; petroleiros como o Polycommander, iates como o Thalassa; traiñeiras como a Josefa e pesqueiros como o Cuatro Hermanos, o Nueva República, o Tito, o Ave del mar, o Marbel atoparon nas augas viguesas o punto final das súas singraduras, deixando en terra unha estela de dó e morte. Cabo do Mar, os Farallóns, Punta Borneira, as Cíes e mesmo a enseada de San Simón souberon de varadas, afundimentos, abordaxes, incendios e vías de auga que encheron os xornais da época de arrepiantes narracións, de heroicos rescates e de inconsolables desgracias familiares. Francisco Díaz Guerrero reconstrúe a negra crónica dos naufraxios do mar de Vigo e avivece na nosa memoria a lembranza dos seus tráxicos protagonistas. Tratando sempre de non furgar no drama e de fuxir da recreación morbosa, non resulta estraño asistir a citas cando menos curiosas como a que se relata no naufraxio do pesqueiro de Bouzas Montenegro núm. 3 ou o rescate dos touros sementais, xuvencas e ovellas do trasatlántico inglés Higland Pride, naufragado preto de Baiona. Finalmente, e debido á ampla repercusión social que tivo na súa época, o libro recolle o curioso naufraxio do globo aerostático belga Prince Leopold, que, no ano 1925, mantivo expectantes ás xentes de Vigo e e a súa bisbarra. Naufraxios no mar de Vigo é moito máis que un relatorio informado destes malfados episodios: é unha apaixonada homenaxe aos homes e mulleres que, sucando os mares, escriben a historia desa potencia marítima que é Galicia.

____