MILIARIOS E OUTRAS INSCRICIÓNS VIARIAS ROMANAS DO NOROESTE HISPÁNICO
ISBN 9788417802066|9788495415879
Este é un monumental estudo sobre as vías romanas na antiga Gallaecia. Esta publicación localiza, cataloga, transcribe e estuda máis de 600 miliarios e outras inscricións viarias de época romana na Gallaecia ampla.
(conventos bracarense, lucense e asturicense).
De cada un, a obra ten unha ficha descritiva, fotografías e a correspondente interpretación dos textos gravados. O coñecemento destes vestixios resulta de capital importancia para achegármonos a distintos aspectos da rede viaria que o Imperio romano foi tecendo na Gallaecia e, polo tanto, para comprender mellor aquel importantísimo período histórico.
____
Editorial: Consello da Cultura Galega
Idioma: Gallego