Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

LEMBRANZAS D´O COUREL

€14,00
ISBN 9788492792535

Libro sobre a etnografía de O Courel.

A cultura segue a estar viva mentres haxa persoas que a lembren e participen dela, coma unha casa con fume indica que dentro habita ben ou mal, por moito ou pouco tempo, algunha persoa. Mais cando as paredes rechan e o tellado afunde, xa ninguén vive alí. No entanto o seu espírito aínda perdura por algún tempo máis. Mentres haxa unhas pedras colocadas a xeito de parede, unhas pequenas ruínas que testemuñan que alí houbo algo, por cativo que fose, aínda é posible establecerse novamente. Este libro  é iso, retallos de aquí e de acolá coma as efémeras imaxes dun soño no cal estamos nun lugar ou noutro. Así é o mundo dos soños, de súpeto as cousas van e veñen, trócanse noutras, todo xira vertixinosamente, facemos viaxes inesquecibles, vivimos o que non coñecemos e facemos o que non podemos cando estamos espertos.

____

Editorial: Toxosoutos
Idioma: Galego