Ir a contenido
Gastos de envío desde 1,95€! 📦
Gastos de envío desde 1,95€! 📦

FRANCESC TORRES. CREBAS

€35,00
ISBN
Crebas é un termo propio do léxico da Costa da Morte que designa todos aqueles obxectos que as mareas depositan na ribeira, como consecuencia dun naufraxio ou outras circunstancias. Baixo este título, esta publicación mostra unha selección de pezas datadas entre 1976 e 2019 que sintetizan a esencia da obra de Torres. É unha nova oportunidade de reler o seu traballo desde outras perspectivas, observando os vínculos existentes entre as diferentes etapas da súa traxectoria artística, que explora aspectos de carácter histórico, filosófico, político e antropolóxico, expresados a través de múltiples medios como a instalación, a fotografía, o debuxo ou a escultura. Aquí preséntanse unha serie de obras inéditas directamente relacionadas con Galicia, que enlazan coas súas primeiras pezas conceptuais dos anos setenta, articuladas en perfecto diálogo con obras posteriores, moi particularmente, instalacións multimedia, concibidas como un dispositivo de narración complexo, con frecuencia resultado dun exhaustivo proceso de investigación.

____

Editorial: XUNTA DE GALICIA 2021
Idioma: Galego, Castelán, Inglés