CRÓNICA DE UNA REPRESIÓN EN LA COSTA DA MORTE
CEE, VIMIANZO, PON TE DO PORTE, CORCUBION, FISTERRA, ZAS.
Luís Lamela García é un dos pioneiros na restauración histórica da memoria do franquismo e do antifranquismo en Galiza desde unha actividade investigadora que comezou no ano 1987. Colabora en periódicos e revistas especializadas como La Voz de Galicia ou El Ideal Gallego, Unión Libre ou Anuario Brigantino, participando tamén en charlas, congresos, seminarios ou mesas redondas sobre a temática da represión franquista e da guerrilla antifranquista en Galicia. Tamén e Asesor do Proxecto Inter-universitario "As vítimas, os nomes, as voces e os lugares"; e foi ademáis membro da Comisión Municipal de Aplicación da Memória Histórica, asesora da Comisión de Honores e Distincións do Concello da Coruña, para a retirada da simboloxía franquista na cidade. No ano 2006 foille otorgado o prestixioso galardón Faro Nerio na súa comarca de orixe, a Costa da Morte, pola súa actividade de recuperación da Memoria Histórica daquela zona e Premio de Honra en 2011 de Radio Nordés-Cadena Ser, tamén pola súa actividade na recuperación da Memoria Histórica. Ten publicados, entre outros, os seguintes libros en Ediciós do Castro: Pepe Miñones: un crímen en la leyenda (1900-1936) (1991); Foucellas. El riguroso relato de una lucha antifranquista (1936-1952) (1992); Inmolados Gallegos. Alexandro Bóveda, Víctor Casas, Telmo Bernárdez, Adrio Barreiro...(1.993); Crónica de una represión en la 'Costa da Morte' (1995); Estampas de injusticia. La guerra civil del 36 en A Coruña y los documentos originados en la represión (1998); 1936, la 'Cruzada' en Compostela. La guerra civil y la represión franquista en los documentos policiales y militares (2005). Ten publicado, ademais, A represión da Masonería viguesa. Asasinados, encarcerados, extorsionados, depurados, exiliados, inhabilitados..., (2008) e a novela Escapado. Do Monte Pindo ao exilio pasando pola illa de San Simón (Xerais 2009).
____
Editorial: Edicións do Castro
Idioma: Castellano