As miñas cousas en observación é, como o seu título indica, unha revisión exhaustiva da traxectoria da artista cántabra Chelo Matesanz (Reinosa, 1964) a través das súas creacións e dun bo número de obxectos que inspiraron o seu traballo desde a década dos noventa até a actualidade.
A miúdo asociada co movemento feminista, a súa obra é coñecida por cuestionar de xeito incansable as certezas comunmente atribuídas á arte de mulleres. Os seus traballos máis recentes caracterízanse pola reinterpretación de elementos da cultura popular galega, aos que dota dun significado novo, a través do filtro dunha mirada aguda e sen prexuízos.
____
Editorial: Xunta de GaliciaIdioma: Galego